Viveiro 16-6-17. O luns 10 de xullo de 2017 dará comenzo o servizo municipal de ludoteca que se instalará no Pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 31 de agosto. Este servizo prestarase de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas, intentando facilitar a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. A ludoteca está destinada a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 anos (cumpridos) e os 12 anos ( incluídos), ofrécese de xeito gratuíto para os nenos empadroados no Concello de Viveiro. Para os nenos non empadroados o custo será de 15 € semanais.
As prazas son limitadas, e por orde de inscrición ata completar o aforo.
Para a inscrición, que se realizará na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro andar do Concello, en horario de 10:30 a 14:00 horas, a partir do luns 26 de xuño, deberá aportarse a seguinte documentación:
– Ficha de inscrición facilitada ao efecto na OMIX
– Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social do neno/a
– Fotocopia do DNI do neno/a ou, no caso de que non o teñan, fotocopia do DNI do pai ou da nai e fotografía do neno/a.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das apostas importentes deste equipo de goberno que, a pesar da política de recortes actual, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión, do entretenemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



