Ribadeo, 18 de xuño de 2017. A Mesa interinstitucional de violencia de xénero do Concello de Ribadeo apoia a convocatoria do 19 de xuño que esixe aumentar a 120 millóns de euros a asignación orzamentaria destinada á igualdade e á loita contra a violencia machista.
Desde a Mesa sinalan que “ante a aprobación dos próximos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, as organizacións de mulleres convocan unha #AlertaFeminista para seguir denunciando que estes orzamentos reflicten un modelo económico baseado en actividades produtivas depredadoras do medio ambiente, que non atenden as necesidades sociais e que agravan os problemas de desigualdade entre homes e mulleres con consecuencias desastrosas para o medio ambiente, a economía, a sociedade e sobre todo para a vida das mulleres”.
Achégase o manifesto que se lerá este luns, 19 de xuño, ás 12.00 da mañá en moitos Concellos ao longo de todo o Estado. “Estamos totalmente de acordo e son demandas da Mesa desde hai anos que a falta de recursos económicos nos impiden avanzar en moitos campos no traballo contra a violencia machista e sobre todo no ámbito preventivo”, engaden.
MANIFESTO 19X Alerta Feminista
No que vai de ano son 31 as mulleres asasinadas pola violencia machista que tamén levou por diante a vida de 4 criaturas.
Quen hoxe estamos aquí presentes estamos fartas de contalas, de asistir a minutos de silencio e concentracións, de escoitar discursos de condena, de queixumes, de dó?
Consideramos que a violencia machista é unha cuestión de estado, que afecta á metade da poboación, e que ten unha causa estrutural que é a desigualdade entre mulleres e homes, en cuxa erradicación deben comprometerse todos os recursos que sexan necesarios, como se esixiu no Pacto de Estado reclamado no 7N de 2015 nas rúas de Madrid.
Con todo, agora, nos Orzamentos Xerais do Estado de 2017 de próxima aprobación, comprobamos que a partida asignada a financiar a loita contra a violencia machista ascende a pouco máis de 31 millóns de euros o que supón un 0,00011% do total do Orzamento. Iso significa que se segue sen asignar nin un euro á prevención nos ámbitos educativo, sanitario e de medios de comunicación, que non se atende a violencia sexual como está previsto no Convenio de Istambul desde 2014. Implica que non se mellore a resposta policial e xudicial e non se cubra o custo dos servizos xurídicos, psicolóxicos e sociais nas Entidades locais estabelecidos na Lei de Igualdade. Significa que ese Pacto de Estado nacerá morto.
Por iso, convencidas de que pasou o tempo das palabras e é a hora dos feitos, facémonos presentes neste Concello cunha esixencia moi concreta ao Goberno do Estado: a consignación, para comezar, de 120 millóns de euros na partida destinada á loita contra a violencia machista.
Non admitimos rebaixas, nin máis dilacións. Entendemos que non é negociábel o prezo da vida das mulleres. E por iso hoxe en moitos Concellos, está a darse lectura a este manifesto, como primeiro aviso da decisión tomada por quen non imos tolerar a inactividade, a indiferenza ou a incompetencia dos poderes públicos á hora de actuar con celeridade e eficacia para frear a violencia machista.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



