Foz, 23 de xuño de 2017.- O BNG rexistrou unha moción destinada a que o Concello contrate a subministración eléctrica municipal con garantía 100% renovábel a cooperativas galegas que deixen os beneficios no noso país.
O modelo enerxético actual causa graves problemas que se manifestan tanto a escala global como a nivel local. Ao coñecido quecemento global ou á contaminación atmosférica, únense dificultades sociais e económicas cada vez máis urxentes, como son o preocupante incremento da poboación que carece dun acceso axeitado á enerxía ou a falta de transparencia e información dos mercados enerxéticos.
“O modelo enerxético debe incidir no aforro, na eficiencia e nas enerxías renovábeis, aspectos contrarios ao actual consumo desmesurado de recursos, a partir dos combustíbeis fósiles e da enerxía nuclear”, sinalan Seivane e Rego. Os avances tecnolóxicos en materia de enerxías renovábeis permiten afrontar este cambio de modelo enerxético a prezos incluso inferiores aos que se pagan na actualidade.
As administracións municipais non deben permanecer alleas a esta situación e á necesidade dun cambio. Trátase das administracións públicas máis próximas á cidadanía e, por iso, son as primeiras que deben desempeñar un papel exemplar e informativo, recolle o texto da iniciativa.
Por outro lado, todas as administracións públicas, en particular as municipais, son xestoras dun enorme patrimonio e teñen uns custos crecentes en materia de enerxía. Existe un gran potencial de xerar aforros importantes, que poden destinarse a usos máis axeitados.
Na Galiza existen cooperativas que xeran enerxía de xeito limpo e sostíbel facendo un uso ético e social da enerxía. A enerxía ten que verse como un servizo universal e non o actual modelo eléctrico que está estruturado como un oligopolio. Neste sentido, “o Concello de Foz debe abrise á posibilidade de cambiar as grandes empresas subministradoras de enerxía para contratar a electricidade a través dunha cooperativa eléctrica galega”, reclaman Seivane e Rego.



















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



