Lugo, 26 de xuño de 2017. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. Trátase das novas actividades do terceiro trimestre dos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.
Fernández Queipo remarcou que “a través desta nova programación buscamos fomentar entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, ao mesmo tempo que damos a coñecer o entorno natural que nos rodea, co fin de aprender a respectalo e coidalo”. Neste senso, o Deputado explicou que o Goberno continuará ofrecendo este tipo de actividades pois “cada ano son máis os lucenses que participan neste tipo de actividades, o que nos anima a seguir ofrecendo máis e mellores programacións”.
Como novidade avanzou dous obradoiros que se van a realizar no mes de setembro; “Obradoiro de xardíns ecolóxicos verticais usando materias reciclado”, e o “Obradoiro de horta en terraza ou balcón con materiais reciclados”, ademais son actividades nas que poden participar toda a familia.
Programación de actividades
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 30 actividades nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. A programación é a seguinte:
Centro de Interpretación Terras do Miño
Xullo
1 e 2 de Xullo.- Conéctate coa natureza, actividade infantil e para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 56 prazas.
3 e 4 de xullo.- Obradoiro de arxila, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 30 prazas.
5 e 6 de xullo.- Reciclando a natureza: manualidades, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
8 de xullo.- Charla sobre a “Propagación de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica. Banco de sementes e test de xerminación”, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
1O, 11, 12 e 13 de xullo.- Xornada sobre a fauna fluvial do Río Rato, unha actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 80 prazas.
Setembro
9 de setembro.- Xincana na natureza, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
16 de setembro.- Obradoiro de xardíns ecolóxicos verticais usando materiais reciclados, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
21 de setembro.- Conferencia “Cogomelos da nosa contorna: as boletáceas”, actividade para adultos, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. Hai un total de 40 prazas.
23 de setembro.- Modulo III: A migración das aves, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
30 de setembro.- Obradoiro de horta en terraza ou balcón con materiais reciclados, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
Actividades da Casa das Insuas (Rábade)
Estas actividades están abertas ata completar aforo de 20 persoas.
Xullo
1 de xullo.- Saída ao campo para observación de anfibios e réptiles, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
8 de xullo.- Introdución ao radioseguimento científico de fauna, nun horario dende ás 11:00 a 18:00 horas.
22 de xullo.- Saída ao campo para a observación de abellóns e outros polinizadores, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
Agosto
12 de agosto.- Saída ao campo para a observación de libélulas, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas .
19 de agosto.- Limpeza do leito do río Miño en padle surf, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
Setembro
9 de setembro.- Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
16 e 17 de setembro.- Xornada de reboco de barro, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.
23 de setembro.- Restauración da Lagoa do Rei, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
30 de setembro.- Saída ao campo para a observación de morcegos, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes
Navia de Suarna, acollerá varias actividades que se impartirán na Escola de Barcia:
11 de agosto.- Conservación de alimentos, nun horario de 16:00 a 14:00 horas.
Dende o 21 ata 26 de agosto.- O verán chegou a Navia, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
Becerreá, realizará dúas actividades que se impartirán no centro de Servizos Sociais:
4 de setembro .- Xogos para descubrir a natureza, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
13 de setembro.- As plantas medicinais e o seu uso en Galicia, nun horario de 17:00 a 20:00 horas.
Cervantes, desfrutará de dúas actividades en distintas sedes:
12 de setembro.-Curso de cosmética natural, que se impartirá no local de servizos sociais, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.
22 de setembro.- O meu herbario, que se celebrará no CEIP da localidade, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



