Alí foron á misa, visitaron o santuario e xantaron en Cedeira. Pola tarde, xa de volta cara á Mariña, achegaranse ata o banco de Loiba. O alcalde, Alfonso Fuente, que acompañou aos veciñ@s nesta excursión explicou que “tivemos que adiantar a data da viaxe un día. Iamos ir mañá, pero debido á folga do transporte finalmente avisamos a todas as persoas anotadas e cambiámola para hoxe, para evitar posibles complicacións na xornada de mañá”. A expedición barreirense está a gozar desta xornada por terras de Cedeira e Ortigueira.
Un grupo duns 110 veciños e veciñas de Barreiros desprazáronse este luns ata San Andrés de Teixido, nunha viaxe organizada polo Concello
Un grupo duns 110 veciños e veciñas de Barreiros desprazáronse este luns ata San Andrés de Teixido, nunha viaxe organizada polo Concello
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores