Lugo, 28 de xuño de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, acompañados de traballadores da Cruz Vermella, presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a II Pedalada Solidaria de Xermade, coa que colabora o Goberno da Deputación a través do Plan Único. Trátase dunha iniciativa lúdica que terá lugar o vindeiro día 2 de xullo no Concello de Xermade e coa que se busca concienciar á cidadanía sobre hábitos de vida saudable ao tempo que se recadan fondos para Cruz Vermella.
Santos Ramos destacou que “colaboramos con esta iniciativa solidaria a través do Plan Único da Deputación, pondo á disposición do Alcalde 8.000 euros para financiar varias actividades deportivas e culturais. Trátase, ademais, dunha actividade lúdica en contacto coa natureza, nun enclave único como é o Concello de Xermade”. O Alcalde de Xermade agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación e adiantou que se espera a participación duns 100 ciclistas de todas as idades.
Esta proba, de carácter non competitivo, é completamente gratuíta para as persoas que desexen participar. Poden inscribirse tanto adultos como nenos e nenas pero os menores deberán ir acompañados dun adulto responsable que deberá xulgar a súa capacidade para realizar a marcha. Arrancará as 10:00 horas dende a praza do Concellos de Xermade ata a Charca do Alligal sendo, en total, uns 18 quilómetros.
Inscricións
As persoas interesadas en participar na II Pedalada Solidaria do Concello de Xermade poden facelo ata o vindeiro 29 de xuño cubrindo o formulario que se atopa na web www.xermade.org ou a través do teléfono 982501001. É fundamental cubrir correctamente os datos do formulario para as coberturas do seguro.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
