Lugo, 28 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, informou este mércores sobre as actuacións que o Goberno Provincial levou a este municipio chairego con 200.000 euros do orzamento de 2016 e as primeiras de 130.000 euros do presuposto deste ano. Campos Conde explicou que do total achegado ata o de agora, e que se incrementará, máis de 250.000 son para a mellora de accesos a núcleos poboacionais e explotacións gandeiras e 75.000 euros para prestar servizos sociais a maiores e ofrecer emprego.
Campos, Requeijo e Rouco supervisaron as melloras executadas nos accesos á rúa José Ramón Puentes, na parroquia de Muras, e no acceso a Carrís, na parroquia da Balsa. Consistiron no aglomerado en quente destas vías públicas, que dan acceso a núcleos poboacionais, nos que viven unhas 10 familias, e a unha ducia de explotacións gandeiras. O Goberno da Deputación financiou estas actuacións con 58.600 euros.
O Presidente adiantou que o Executivo Provincial achegou outros 130.000 euros para o arranxo doutros 17 accesos a núcleos poboacionais, nos que residen outras 60 familias, e a unhas 6 explotación gandeiras. Estas melloras levaranse a cabo en vías públicas nos núcleos de Rebordelos e Aborbo, na parroquia do Viveiró; Santar e Ameixeiras, en Ambosores; O Porto Novo, Cabana, Armada, Cuíñas de Abaixo, As Cuíñas e Debodas, na de Muras; Carregal e Armada de Abaixo, no Burgo; Aguillal e Cotelo, na Balsa; e Sabucedo, O Pico e Suaschousas, en Irixoá.
Consistorio e aforro de custos
O Presidente supervisou os traballos que se están a levar a cabo no Consistorio e que consisten no revestimento das fiestras, pois esta edificación pública ten problemas de illamento térmico, que provocan a filtración de correntes e humidades en teitos e paredes. O Executivo Provincial financia con 25.000 euros estas actuacións, que, ademais, contribuirán a reducir a factura de calefacción.
Xeración de emprego
Campo Conde mantivo un encontro cos 4 novos traballadores que comezaron a súa vida laboral en Muras a través do DepuEmprego, a programación coa que o Goberno Provincial financia os custos da contratación de profesionais cos que reforzar a prestación de servizos públicos que os municipios teñen que prestar aos veciños. Con case 50.000 euros, neste Concello chairego traballan 1 condutor, 1 auxiliar administrativo, 1 técnico administrativo e 1 educador social.
Reforzo dos servizos socias
O Presidente tamén visitou a maiores que está a atender o Goberno da Deputación en Muras porque a Xunta de Galicia non o fai ao non telos catalogados como dependentes. Son 34 os veciños do municipio os que se atopan neste situación e aos que o Executivo Provincial ofrece atención profesional a través do Servizo a Domicilio a non dependente e da Teleasistencia gratuíta. Faino achegando uns 25.000 euros, que permiten ofrecer preto de 6.500 horas de atención e a contratación de profesionais neste eido para poder facelo.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



