LUGO, 28 de xuño de 2017.- A dirección provincial do Partido Popular, representada pola presidenta Elena Candia, destaca, unha vez concluídas todas as reunións convocadas para dar conta do traballo do Grupo provincial para a posta en marcha do Plan Único da Deputación, o éxito “significativo” destas xuntanzas. E é que a formación política conseguíu reunir en tan só sete encontros a máis de 500 persoas.
“Quero subliñar que foron reunións moi produtivas, nos que máis que unhas citas convocadas por un Partido, foron sesións de traballo para trasladar á cidadanía as intensas negociacións que tivemos co Goberno provincial. O noso obxectivo non era outro que, se se me permite a expresión, presionar aos socialistas para que ningún dos 67 Concellos quedasen fóra. A realidade é que este Plan é xusto e equitativo. Isto é polo que pelexamos e delo nos sentimos orgullosos”, afima con rotundidade Elena Candia.
Nun tempo récord
A formación política explicou nun témpo récord “este papel decisivo” non só aos alcaldes e representantes da mesma nos distintos municipios, senón que foron reunións nas que tamén se contou coa asistencia e participación dos veciños residentes en cada un deles; “cuestión que aínda resulta máis gratificante, pois de nada servirían estes encontros se non nos escoita quen nos ten que escoitar, que é a cidadanía, pois, en última instancia, é a quen nos debemos e por quen nos mobilizamos”, remarca.
Estas sesións de traballo deron comezo o domingo 18 de xuño, en Baleira, a onde foron convocados, ademais deste Concello, os de Baralla, Cervantes, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín. O luns 19, en Foz; acudiron Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. O martes 20, en Outeiro de Rei; déronse cita Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Portomarín e Rábade. O mércores 21, en Sarria; O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela. O xoves 22, en Monforte; Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. O luns, 26 de xuño, en Chantada; Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada. E, onte, martes 27, en Vilalba; Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.
“Un Partido de rúa”
“Quixemos descentralizar estas xuntanzas, intentando buscar un punto céntrico para todo eles. Tampouco queriamos espacialas moito no tempo, pois cremos que os cidadáns teñen e deben de saber canto vai investir a Deputación en obras, emprego, servizos sociais, cultura, deportes ou en turismo. O balance que facemos, por tanto, é moi positivo pero, sobre todo, satisfactorio dende o punto de vista que estas sesións nos serviron tamén para trasladar á toda a provincia que o Partido Popular está a facer unha oposición construtiva e útil alá onde non ten responsabilidades de goberno”, explica a dirixente provincial.
Asemade, estes encontros tamén foron aproveitados pola dirección do Partido para recoller outras propostas e demandas relacionadas co sentir e preocupación dos lucenses a nivel xeral. En definitiva, foron reunións intensas pero eficaces porque “o que pretendemos e ser un Partido que dea resposta a todas estas peticións. Non queremos ser un Partido de despacho, queremos ser un Partido de rúa”, conclúe a presidenta.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



