Cervo, 30 de xuño de 2017. O BNG cualificou de boa noticia que o goberno municipal leve por fin a pleno o primeiro tramite para a esperada apertura do “Centro de Día Residencial” (CDR) mais lamentou a lentitude nas xestións que impediron e impiden aínda agora a moita xente gozar deste servizo a pesar de contar cun edificio rematado fai 4 anos, que pagaron cos seus impostos. As medidas lexislativas impulsadas polo PP son un corsé asfixiante que impide ao propio concello facer unha xestión pública de estas instalacións.
A formación nacionalista criticou o escurantismo nos procedementos de contratación, mesmo as contratacións a dedo, ou a creación dunha comisión pechada para a oposición municipal que definiu a carteira de servizos e o modelo de xestión que finalmente será privado por concesión administrativa. Constátase cos datos económicos expostos no Plan de Viabilidade e na capacidade económica do concello, que se podería optar por un modelo 100% público reducindo así os custes do servizo para as persoas usuarias. Para Luís Bernardo Insua “entregar un ben público á xestión privada en converter un servizo público en beneficio privado, encarecelo e empeorar a súa calidade”.
No BNG defendemos se contradicións a xestión pública dos servizos mentres Villares recolle votos para aquel partido que a impide.
O portavoz municipal nacionalista, Luís Bernardo Insua, “quixo deixar clara a aposta do BNG pola xestión pública dos servizos e a loita no terreo institucional e social pola recuperación da capacidade das administracións para xestionar bens e servizos, que medidas gobernativas do PP e do PSOE nos gobernos da Xunta e Estado, así como da UE veñen roubando para beneficio do sector privado en detrimento en moitos casos da cantidade e calidade dos servizos”. “Villares non pode queixarse do corsé lexislativo que impide a xestión pública do CDR, como tampouco pode facelo de que nos deixen sen unha praza médica en Cervo, son medidas do PP, o partido do que fai parte e polo que se presenta”, criticou Luís Bernardo Insua.
Bernardo Insua concretou que “a privatización da xestión multiplicará o custe polo acceso ao servizo xa que as tarifas base fixadas polo concello no Plan de Viabilidade no caso Centro de Día van desde 485€/mes en media estadía ate os 890€/mes na completa, na Residencia van desde os 1.280€/mes para persoas autónomas aos 1.500€/mes para persoas dependentes grao III; pero a estas tarifas básicas engadirase o IVE, o beneficio da empresa concesionaria e o canon pola concesión.
Abstención ante un modelo de xestión privada que non nos convence por encarecer o servizo.
O BNG abstívose na votación plenaria porque non nos queremos facer responsábeis da decisión de privatizar este servizo xa que non a compartimos, afirmou Bernardo Insua. Aínda sendo unha boa noticia que por fin o pleno tome conta dun trámite para a posta en funcionamento do CDR, os procedementos de contratación foron opacos e mesmo caciquís, cunha tramitación administrativa lenta froito das trabas lexislativas para desesperación de moitas familias ás que a apertura xa chegará tarde. O modelo de xestión privado non nos convence, moito menos as escusas do alcalde para privatizalo xa que é o seu partido quen mediante normativa e lexislación fará que as tarifas do servizo sexan mais caras que cunha xestión pública.



















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



