Foz 30-06-2017. O PSdeG-PSOE de Foz considera que os poderes públicos teñen a obrigación de garantir políticas de igualdade que faciliten a incorporación da muller ao mundo laboral e a conciliación da vida familiar e laboral. E que unha das ferramentas crave para isto son as escolas infantís.
Como cada ano por estas fechas saen publicadas as listaxes de nenos e nenas en lista de espera nas escolas infantís do Concello de Foz e como cada ano vemos que, tanto na escola infantil “A Galiña Azul” como na escola infantil “Nosa Sra. da Purificación”, hai un importante numero de familias que non poden matricular aos seus fillos por non ter praza. Na comarca da Mariña nas escolas infantís a galiña azul quedaron 40 nenos e nenas en lista de espera, deles 19 pertencen ao concello de Foz aos que hai que sumar outros tantos que tamén están en espera na outra escola infantil e calquera neno ou nena, nacido dende maio, que precise o servicio.
Non dispoñer de prazas abondo para a poboación infantil dificulta a conciliación da vida familiar e laboral e fai necesario buscar unha solución para dar cobertura pública a esta demanda de prazas.
Co motivo de darlle solución a este problema que afecta a numerosas familias, o PSdeG-PSOE de Foz presentou unha moción, que foi aprobada por unanimidade pola Corporación, instando á Consellería de Política Social e ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia para que, dispoñan os medios oportunos, ben ampliando existentes ou con novas instalacións, para así poder atender a demanda efectiva de prazas nas escolas infantís de Foz.
Así mesmo no pleno do pasado xoves se aprobaron outras dúas mocións presentadas polo grupo socialista, unha para reparar os accesos a Cala de San Pedro na parroquia de Cangas que se atopan nun estado deplorable, o primeiro tramo de escaleiras esta invadido por á maleza dificultando a baixada e o segundo esta totalmente impracticable, varandas dobradas e rotas, derrubes da parede lateral sobre a zona de paso, formigón fracturado con importantes gretas, etc. supoñendo un serio risco para os veciños, veciñas e visitantes que desexen baixar á mesma e dando unha mala imaxe de un Concello turístico como é Foz, e outra para que se proceda, por salubridade, a dar solución inmediata aos vertidos dun aliviadoiro que hai na praia de Llas que se desborda con certa frecuencia.



















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



