Cervo, 7 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Ciprián o sábado 22 de xullo, da man do Grupo Mistura de Liero.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e da profesora dos pequenos, Claudia Muíño, xunto a unha representación precisamente dos membros máis novos do conxunto.
A cita terá lugar na Praza dos Campos, a partir das 19:00 horas, e está prevista a participación das seccións infantís de Ledicia de Burela, Os do 21 do Vicedo, Nova Semente de Celeiro, Río Miño de Portomarín e Mistura de Lieiro.
En total son máis de 100 os nenos e nenas os que actuarán nunha xornada na que o Concello de Cervo lles brindará un xantar de convivencia para os diferentes grupos e figuras de Cerámica de Sargadelos como agasallo en agradecemento pola súa participación; “agardando que gocen tanto os nenos como as familias que os acompañen do noso municipio, e tentando darlles a mellor acollida posible”.
Ese día haberá ademais venda de empanada e bolos preñados para os asistentes.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo felicitar ao Grupo Mistura por retomar a súa actividade este último ano e sinalou que “dende o Concello prestamos toda a colaboración e o apoio que podemos ás asociacións do noso municipio que, como neste caso, fan un importante traballo a prol da Cultura Galega, achegando e facendo partícipes do noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial de primeira orde que é”.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



