Ribadeo, 10 de xullo de 2017. A Concellaría de Turismo fai un balance moi positivo do IV Ribadeo Indiano, que rematou onte na parroquia de A Devesa. A concelleira Ana Martínez salienta que arredor de 40.000 persoas gozaron desta festa en homenaxe aos emigrantes en Ribadeo, e que deixou na vila máis de 3 millóns de euros. A edil ribadense agradece o traballo feito pola organización (Concello e Acisa) e anima a participar na quinta edición do Ribadeo Indiano que terá lugar do 6 ao 8 de xullo do 2018.
Ana Martínez manifestou que “a verdade é que son catro anos de Ribadeo Indiano que cada vez van a máis. Se tivera que definir a sensación que temos hoxe pola mañá, nesta agradable resaca de luns pola mañá despois desta fin de semana magnífica, sería satisfacción. A verdade é que nos sentimos desde a organización, tanto creo que desde Acisa tamén como desde o Concello, máis que satisfeitos”.
A edil de Turismo dixo que “o tempo nos acompañou, o cal tamén é de agradecer, pero tamén a participación. Durante esta fin de semana en Ribadeo a poboación multiplicouse por catro ou cinco, polo tanto falamos de que probablemente arredor de 40.000 persoas estivemos celebrando polas rúas de Ribadeo, o Ribadeo Indiano. Isto supón que o éxito é máis que latente. A xente vive, disfruta e quere vir a pasar o Ribadeo Indiano”.
A concelleira subliñou que “se o ano pasado falábamos dun movemento económico de 3 millóns de euros, probablemente este ano estea máis que superado. Non había prazas libres, os hoteis estaban ao completo, os restaurantes tamén estaban máis que cheos de xente esperando para comer, as rúas podédelo ver durante estes días nas galerías de imaxes que se van colgando nos diferentes medios, no facebook, creo que é máis que palpable esa vida forte que durante esta fin de semana se viviu en Ribadeo vinculada á emigración”.
Ana Martínez salientou que “todo isto é un traballo e un esforzo grandísimo. Eu quero agradecer a ese grupo de xente que durante meses levan traballando moi duro porque para a organización dun evento que acolle todo o pobo e parte do concello, porque non soamente é Ribadeo como vila, senón que nos trasladamos a Rinlo e á Devesa. Creo que o escenario é moi amplo, a xente que participa é moita e o esforzo é grandísimo. O meu recoñecemento e agradecemento para todos eses traballadores municipais, traballadores de Acisa, comerciantes, xente voluntaria, xente que nos prestou a súa casa para que puidésemos coñecer un pouquiño máis dos indianos, para todos eles e sen esquecerme de ninguén, grazas por contribuír a que este Ribadeo Indiano sexa un éxito”.
A concelleira de Turismo quixo ademais “comentar a importancia do Ribadeo Indiano fora do que é a festa. Comentaba estes días que probablemente a elegancia non vai soamente na roupa, a elegancia vai no sentimento. O Ribadeo Indiano recolle unha parte festiva, pero tamén unha parte cultural coa música, coas diferentes actividades que se van facendo durante o día, coas conferencias e con ese traballo para buscar e recuperar parte da nosa memoria, dos nosos emigrantes e poñer ao mellor en valor historias que foron moi duras e que non coñecemos. Onte pola noite recibía un correo do profesor James Fernández que estivo nunha das conferencias, dicíndonos que xa conectaran co paso de Inocencio Aguiar, da Casa Grande de Rinlo, por Tampa. Este é un traballo que tamén o recolle o Ribadeo Indiano”.
Ana Martínez indicou: “queremos que esa identidade de Ribadeo coa emigración poidamos seguir recolléndoa, e aquí tamén pedir que ao mellor desde as administracións tomen ese valor en conta, e teñan a ben probablemente traballar para que en Ribadeo teñamos un espazo, un museo ou algún lugar onde poidamos ir poñendo a recuperación de todo este patrimonio xunto coa colaboración da Universidade de Santiago, do Consello da Cultura Galega, mesmo durante estes días houbo xente aquí da Universidade de Nova York, de Huelva, de Bogotá, para que poidamos ir descubrindo e recuperando parte desa identidade como ribadenses vinculada á emigración”.
A edil nacionalista comentou que “falando coa xente que veu da Embaixada de Arxentina, había un tema do que falamos que me parece moi bonito e ademais eu penso que recolle moito o que é o éxito da participación neste Ribadeo Indiano. Moitas veces falamos aquí dos que se marcharon, das súas historias, da morriña, pero tamén alí hai unha xeración que se criou escoitando o que quedaba aquí. Probablemente esa unión e ese vínculo forman parte do éxito do Ribadeo Indiano. Os que quedamos queríamos saber o que pasaba alí, os que naceron alí escoitaban dos seus pais e dos seus avós o que eles deixaran aquí. Así pois creo que ese grado de vinculación nos dá parte deste éxito”.
Ana Martínez insistiu en “agradecer e celebrar o éxito deste Ribadeo Indiano porque é o éxito de todas e todos os ribadenses, de todos e todas cantos nos visitan, e agardar ao ano que ven o 6, 7 e 8 de xullo, o Ribadeo Indiano 2018 ao que quero convidar a participar a todo o mundo”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



