Foz, 28 de xullo de 2017. A Asociación Cultural Nois, coa colaboración do Concello de Foz, organiza o IV Festival Internacional de Música Bal y Gay, que se celebrará en Foz os días 27, 28 e 29 do vindeiro mes de agosto. No decurso deste festival celebraranse as semifinais e a final do concurso internacional de clarinete, no que se inscribiron máis de 40 clarinetistas procedentes de varios países de Europa, América e Asia. O xurado elixiu a 23 músicos para participar na fase final deste concurso que se desenvolverá no concello de Foz. Paralelamente terá lugar un curso de clarinete e de trompa, unha serie de concertos, sesións didácticas para os máis pequen@s e unha conferencia-concerto que ofrecerá o xornalista e escritor Juan Soto Gutiérrez, quen fora amigo persoal do compositor Bal y Gay.
O director do festival, Enrique Rodríguez Baixeras, explica que “este ano o Festival Internacional de Música Bal y Gay amplíase, xa que outros anos só facíamos un curso de clarinete e trompa, traíamos uns grandes mestres e tamén alumnos de superior e de máster; e aproveitando que esa xente estaba aquí facíamos unha serie de concertos. Pero este ano, vendo o éxito que tivemos na terceira edición, quixemos ampliar. Fixemos un concurso internacional de clarinete e a resposta foi moi grande, xa que temos inscritos, máis de 40, de todo o mundo. Temos xente de Xapón, EE.UU., Hungría, Alemania, Corea, etc… O xurado tivo que facer unha pequena criba e quedaron 23 finalistas, que son os que van vir aquí a Foz á final do concurso”.
Rodriguez Baixeras anuncia que “o concurso vaise facer na Casa da Cultura o domingo 27 de agosto, o luns 28 e o martes 29, as semifinais. A final vai ser na Sala Bahía cando queden tres finalistas, que van interpretar o concerto de Mozart de clarinete acompañados por unha orquestra sinfónica que montamos nosoutros”.
O director do festival engade que “ao mesmo tempo, paralelamente a todo isto, en Nois faise o curso, como outros anos, de clarinete e de trompa con máis de 35 alumnos inscritos; e temos unha serie de concertos que imos facer este ano na Casa da Cultura de Foz, no centro social A Saira, de Nois, e outro na casa do Conde de Fontao, en Santa Cilla. Ademais tamén temos un concerto para nenos que será no Cenima o venres, cun trío para que ensine o que é a música clásica aos nenos pequenos. Teremos tamén unha conferencia-concerto o martes no centro social A Saira sobre a figura de Bal y Gay que dará Juan Soto, que foi amigo persoal de Bal y Gay. Ademais, despois da conferencia de Juan Soto, imos interpretar unha obra de Bal y Gay moi importante, que é a súa sonata para clarinete e piano”.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



