Lugo, 31 de xullo de 2017. O Goberno da Deputación xera 13 novos empregos en 6 municipios da provincia: Monterroso, Ribeira de Piquín, Triacastela, Muras, Lugo e Monforte de Lemos. Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.
Son, concretamente, 8 postos do DepuEmprego en Monterroso: 2 peóns limpeza; 3 peóns de obras; 1 conserxe; 1 tractorista – palista e 1 mestre educación infantil.
Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego. O prazo de solicitude abrirase a partires da segunda semana de agosto.
Os postos de traballo que xera o Goberno da Deputación a través do Ben Empregado son os seguintes: camareiro en Ribeira de Piquín; técnico de control de pragas en Triacastela; axudante de cociña en Muras; oficial de perruquería para Lugo; e oficial forestal para Monforte de Lemos.
Prazo de solicitudes aberto para 25 postos en 4 Concellos
Ademais destes postos, está aberto o prazo de solicitudes para optar a 25 postos a través do DepuEmprego. En concreto son:
– 4 empregos nas Nogais de peóns de obras públicas. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 08/08/2017.
– 11 empregos en Palas de Rei: 1 peón de limpeza, 2 peóns mantemento e restauración, 4 peóns mantemento, 1 enxeñeiro industrial, 1 socorrista, 1 técnico educación infantil, 1 traballador social. Prazo aberto do 01/08/2017 ata o 05/08/2017.
– 4 empregos na Pobra do Brollón: 1 oficial de 1ª electricista, 1 peón forestal, 2 peóns obras. Prazo aberto dende o 31/07/2017.
– 6 empregos en Quiroga: 1 electricista, 1 peón servizos múltiples, 1 conserxe, 1 animador sociocultural, 1 limpador, 1 operador de cámara Prazo aberto dende o 01/08/2017 ata o 07/08/2017.
Máis emprego este ano
Con estes 8 novos empregos, son 235 os postos de traballo que o Goberno da Deputación leva xerado en 59 municipios da provincia co DepuEmprego. O plan inclúe un total 263 empregos nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes. Polo tanto, nas vindeiras semanas ofreceranse máis postos de traballo. O Executivo Provincial decidiu asumir todos os custos laborais dos profesionais con 3 millóns de euros da Deputación. Do orzamento provincial de 2017, o Goberno destina 3,8 millóns á segunda edición do DepuEmprego para incrementar o número de empregos xerados nos municipios da provincia este ano.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



