Lugo, 8 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o produtor KiKo López, presentaron este martes en Foz, o Tentacle Summer Fest 2017, o festival de música house que terá lugar os días 18 e 19 agosto nesta vila lucense. O Goberno da Deputación contribúe ao financiamento deste evento musical, na produción do mesmo.
García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación apostamos por estas iniciativas que contribúen a dinamizar as nosas nas vilas, sendo un importante revulsivo económico e turístico para a Mariña, pois esperase preto de 1.300 visitantes para asistir a esta nova edición. Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno da Deputación coa cultura na nosa provincia, pois achegamos gratuitamente a todos os veciños, programacións musicais de todo tipo de xéneros, como o Ressurrection Fest, o Festival de Blues, o Lugo Ágora Son ou o MusicAD, estimulando e activando a vida dos nosos municipios”.
Avanzou ademais que o organismo provincial colabora con outras iniciativas musicais da vila de Foz como o festival “Coa nosa fala”, que se acaba de celebrar, e que foi un éxito rotundo, ou o certame de Voces Xóvenes. “Estas actividades contribúen a promocionar a nosa lingua, a nosa cultura, e ao mesmo tempo dinamiza a axenda cultural e festiva deste Concello, onde nesta época é visitado por milleiros de visitantes”, resumiu.
Javier Castiñeira agradeceu a implicación da Deputación neste evento, e convidou a todos os visitantes a achegarse a Foz, “para desfrutar da musica house, e ao mesmo tempo visitar as nosas praias, degustar a nosa gastronomía, e tamén coñecer de preto o noso rico patrimonio natural e cultural”. Sinalou que o entorno onde se celebra este evento, a ría de Foz “é un espazo privilexiado, onde ademais de gozar da música, pode contemplarse ás vistas ao mar, o que o converte a este festival nunha experiencia única”.
Venta anticipada de entradas a 12 euros
Kiko López avanzou que as entradas poden mercarse por internet, ou nos locais Mustage ou Longarela Moda a 12 euros. Tamén poden adquirirse en taquilla por 15 euros, ou o mesmo día do concerto.
Programación e Masterclass
O Tentacle Summer Fest 2017, comezará o venres día 18 de agosto con charlas, ponencias técnicas e proxeccións da man de Nacho Marco, Ernie Minuendo e Dr. Think.
Nesta masterclass sobre produción, Nacho Marco, diseccionará o seu traballo realizado para Ovum Recordings “Warm Trax Vol.2”. O sábado día 19 de agosto o festival arrancará ás 12:00 horas coa participación de once DJs do panorama nacional e internacional. As actuación serán as seguintes; El_txef_a, Nacho Marco, Ernie Minuendo, Abu Sou, Grobas, Certain People, Vitor P, Dial Combo, Old School House Bastards,Tropicvl Bxyz e Nari&Dicarmita.
Ampla representación galega
Nesta edición participan unha boa representación da escena galaica encabezados por Dial Combo, que presentasan a You_o, Mou e Psychodandy, verdadeiros axitadores do underground ourensano; a formación Old School House Bastards realizando un novidoso directo; os inclasificables e divertidos Tropicvl Bxyz que trasladan a tolemia das súas noites Tropical desde a súa natal Lugo á sesión vermú, e a dupla focense Nari&diCarmita, e o veterano mindoniense Vítor P.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



