Ribadeo (Lugo), 11 de agosto de 2017.- O Campamento Xuvenil da Devesa, en Ribadeo, acolle este verán a 685 rapaces e rapazas entre os meses de xullo e agosto, sendo as instalacións da provincia con maior oferta de prazas dentro da campaña de actividades de verán da Consellería de Política Social.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou o campamento, no que a día de hoxe conviven arredor de 190 nenos e nenas de distintas idades disfrutando das variadas posibilidades do entorno, con actividades que combinan o mar e a natureza: Actividades náuticas (surf ou kaiak), escalada en rocódromo, bicicleta, tiro con arco, obradoiros de conservación do medio, excursións e visitas a lugares de interese da zona, entre outras.
Nesta primeira quincena desenvólvense nas instalacións dous campamentos de xestión propia da Xunta -para nenos de 10 a 12 anos e de 12 a 14 anos respectivamente- e outro concertado coa Cruz Vermella.
Balseiro destacou que a Consellería de Política Social organiza un completo programa de actividades de verán “para ofrecer aos nenos e á mocidade unha alternativa vacacional formativa e divertida, e para que as familias teñan máis doado conciliar nesta época”. Igualmente, subliñou, “procuramos que estes recursos cheguen ao maior número de familias, e principalmente ás que máis o precisan, obxectivo no que resulta fundamental a colaboración con organismos como a Cruz Vermella”. Ao respecto, explicou que das 685 prazas que suma A Devesa, 205 son en oferta concertada.
Na mesma liña, o delegado territorial subliñou “o incremento constante que vimos experimentando cada ano tanto no número de prazas como no orzamento destinado á provincia na campaña de actividades de verán”. Así, no conxunto da provincia de Lugo, a Consellería oferta 2.155 prazas (325 delas concertadas), 195 máis que o ano pasado -un 10% máis-.
Precisamente A Devesa é o campamento que máis incrementa o número de prazas dado que o ano pasado se viu condicionado polas obras de reforma que se acometeron en xullo. A Consellería investiu na mellora destas instalacións en torno a 200.000 euros nos dous últimos anos.
Este é tamén o campamento máis grande da Xunta, abarcando unha extensión de 61.000 metros cadrados.
A campaña de verán, que xestiona a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe campamentos e campos de traballo para a mocidade, e supón un orzamento de máis de 638.000 euros na provincia de Lugo.
A campaña esténdese entre o 21 de xuño e o 30 de agosto, con 28 campamentos -tres deles en oferta concertada-, cinco campos de traballo internacionais e a actividade “Conecta con Galicia”, que xuntou na capital de Lugo a mozos galegos e outros procedentes da Galicia exterior e doutras comunidades autónomas.
Os campamentos teñen lugar nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo e Carballedo e no albergue municipal de Quiroga; os campos de traballo en Quiroga, Folgoso do Courel, Pantón, Portomarín e Xermade.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



