Lugo, 17 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Cultura, José Díaz, presentaron este xoves, nos xardíns do Pazo de San Marcos, a programación de actividades que Goberno de Deputación e Concello levan a Burela dende o 25 ao 27 de agosto no marco da III edición da Feira do Libro burelense.
O Executivo Provincial colabora co municipal na celebración desta iniciativa a través dun investimento de 8.000 euros, que permitirán a organización de novas actividades ao longo deste ano. Con cargo a este orzamento, a feira do libro de Burela contará con 10 stands doutras tantas librerías, 14 actividades para persoas de todas as idades, como presentacións e sinaturas de libros, entre outras; así como contacontos para os cativos, ademais dos concertos de Luar na Lubre e do cuarteto de jazz municipal.
García Porto destacou que “dende o Executivo Provincial convertemos á Deputación na principal patrocinadora desta cita, que dinamizará social e economicamente Burela durante unha fin de semana no que esta Comarca segue a acoller a centos de visitantes, que poderán gozan dunha feira que reúne literatura e música, ademais de coñecer a riqueza natural, patrimonial ou gastronómica da Mariña. Todo isto no marco da nosa aposta por unha Deputación rural, social e coas persoas, que traballo no impulso do sector turístico para xerar riqueza e emprego na provincia”.
O Alcalde destacou o dinamismo cultural do Concello, e convidou aos visitantes “a achegarse a Burela para coñecer un dos recunchos mais bonitos da Mariña e ao mesmo tempo deixarse empapar da nosa cultura, a nosa música, da nosas paisaxes e tamén das nosas tradicións”, resumiu.
Programación
Pola súa banda, o Concelleiro de Cultura avanzou que a III Feira do Libro contará con 10 stands doutras tantas librerías, así como con 14 actividades para persoas de todas as idades, nas que se inclúen presentacións e sinaturas de libros dos propios autores, ademais de contacontos para os máis cativos, entre outras moitas iniciativas, que se seguen a pechar. Destaca, por exemplo, e a maiores, o concerto de Luar na Lubre, que terá lugar o venres 25 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura. A cita pechará o domingo, 27 de agosto, como máis música a cargo do cuarteto local de jazz.
A III Feira do Libro de Burela inaugurarase o venres 25 de agosto, ás 19:30 horas, co pregón da escritora Marica Campo. O horarios de apertura dos 10 stands será de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas.
Feira do Libro dende hoxe e ata o domingo en Foz
A Deputada tamén participou esta tarde na inauguración da XXXII Feira do Libro de Foz, que dende hoxe e ata o domingo, 20 de agosto, acolle esta localidade grazas á achega de 3.000 euros que fai o Goberno da Deputación. Este investimento permite, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, que a Praza Conte de Fontao da localidade focense acolla 9 expositores con publicacións doutras tantas librerías.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



