Lugo, 21 de agosto de 2017. O Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno o proxecto de rehabilitación do Fogar de Santa María, así como o inicio do seu proceso de contratación, co obxectivo de ampliar servizos que a Deputación presta aos Concellos e veciños da provincia, como o de Recadación. Previsiblemente, esta semana publicarase no Boletín Oficial da Provincia o proxecto para que todas as empresas interesadas presenten as súas ofertas. O presuposto máximo que destina o organismo provincia é de 1,8 millóns de euros (335.000 euros con cargo ao orzamento deste ano e 1,5 millóns do de 2018). O prazo máximo de execución das obras é de 10 meses. O presuposto definitivo das obras e o prazo de execución das mesmas dependerá das propostas recibidas.
Así o informou hoxe o voceiro do Goberno da Deputación. Álvaro Santos Ramos explicou que o proxecto implica a rehabilitación integral de 2 dos 9 pavillóns que conforman o Fogar de Santa María. “Con estas obras poñemos en valor o patrimonio público en beneficio de todos os veciños e reforzamos as prestacións que ofrecemos aos Concellos, ganando espazo para unha mellor atención”.
Trátanse do edificio principal e do pavillón 2 cuxo uso por parte do Concello de Lugo está cedido á Deputación por 99 anos. Para a súa rehabilitación, os técnicos de ambas as dúas administracións acordaron un proxecto axustado ao PEPRI, polo que non require de máis permisos que a licencia municipal que xa se está a tramitar.
Servizos e obras
Na planta baixa do edificio principal do Fogar de Santa María situarase Recadación, un dos servizos provinciais con maior carga de traballo, pois a día e hoxe asume a de 62 Concellos. Actualmente, esta prestación atópase nun local alugado na rúa Tui da capital luguesa, que conta cunha extensión de 450 metros cadrados. Coa súa reubicación, Recadación duplicará a súa extensión útil, ocupando 900 metros cadrados. Ademais, a Deputación aforrará 3.200 euros mensuais do aluguer.
Na primeira planta do edificio principal, que conta con outros 900 metros cadrados, situaranse o departamento de Cooperación cos Concellos, que conta con servizos como o de Asistencia Económica, Xestión Administrativa, Plans Especiais ou Urbanismo, entre outros, ademais do de Medio Ambiente. E no baixo cuberta, con practicamente a mesma extensión, haberá un arquivo propio destas dependencias.
O outro pavillón é o 2, con 700 metros cadrados útiles en 2 plantas de 350 metros cada una. Neste instalarase o departamento de Asesoría Xurídica, outro dos departamentos que foi adquirindo máis carga de traballo, pois hoxe atende a numerosas cuestións de todos os Concellos da provincia. Tamén contará cun arquivo propio na zona alta.
As obras en todas as dependencias implican a mellora das fachadas e a rehabilitación integral dos interiores, adaptándoas ás necesidades dos distintos departamentos e facéndoas accesibles a persoas con capacidades diferentes. Por exemplo, situaranse ascensores ou ramplas. Tamén se mellorarán os sistemas de calefacción e climatización para que o edificio sexa máis eficiente e aforrar custos correntes.
Proxecto máis vantaxoso en defensa do intereses dos cidadáns
O Goberno Provincial traballou na procura do proxecto máis vantaxoso en defensa do intereses dos cidadáns como responsable da xestión dos fondos públicos de todos os veciños dende a Deputación de Lugo. Unha das alternativas estudadas foi a compra do edificio da Cámara de Comercio para levar ao mesmo Recadación. Esta descartouse por cuestións económicas e legais. A suma da compra deste inmoble e das obras de reconstrución era máis custoso que a rehabilitación do Fogar de Santa María. A maiores, coa adquisición deste edificio a Deputación de Lugo adquiriría outras cargas que puidese ter a Cámara de Comercio. A fórmula legal de venda deste edificio é o concurso. A compra directa requirise dunha clara xustificación da súa idoneidade para que se axuste á legalidade. Coa rehabilitación do Fogar de Santa María afórranse cartos públicos e mellorase o patrimonio público dos lucenses. Hai que ter en conta que estas instalacións son do Concello de Lugo e están cedidas á Deputación máis alá do 2040, así como que chegada esta data e no caso de que o Concello quixese recuperar o seu uso municipal tería que abonar ao organismo provincial as melloras feitas. Ambos os dous Gobernos (provincial e municipal) apostan pola posta en valor e uso público do Fogar de Santa María e estudan máis colaboracións para reforzar o seu uso público sen máis custos económicos para as administracións que xestionan.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



