Barreiros, 24 de agosto de 2017. O Eido Dourado pechará as súas portas este verán o vindeiro domingo, 27 de agosto. O artista barreirense Celso Dourado fai unha valoración moi positiva desta tempada na que promoveu unha ducia de concertos tanto nos xardíns do Eido como no cámping Gaivota. Celso Dourado anuncia que cara a vindeira tempada posiblemente se limitará o acceso aos concertos a 150 persoas para que todas poidan gozar comodamente destas citas ao solpor.
Celso Dourado anunciou que “o vindeiro domingo, día 27, pechamos a novena tempada do Eido Dourado. Acostumamos a pechala cara a finais de agosto, pero este ano por circunstancias de calendario decidimos adiantalo ao vindeiro domingo”.
Dourado relatou que “este verán desenroláronse cun grande éxito os laboratorios creativos, que están conducidos pola artista e profesora Lucía Vila. Tivemos que reducir o número de rapaces que querían asistir porque era imposible atender a todos en debidas condicións. Podemos dicir que realmente foi un grande éxito, unha aposta firme polo que pode ser o arte vinculado aos máis nenos e por suposto fixémolo sempre dunha forma gratuíta e altruísta”.
O artista barreirense subliñou que “o ciclo musical Sons no solpor xa se está consolidando. Dende o Eido Dourado promovemos este verán ao menos doce concertos, seis no cámping e outros seis no Eido Dourado. Imos tomar algunha medida xa que nos está sobrepasando o número de asistentes. Houbo concertos que practicamente non collíamos e entón cara a vindeiras tempadas imos limitar o acceso a unhas 150 persoas. Este ciclo é unha aposta firme. Sempre procuramos traer aqueles proxectos que están saíndo ao longo do ano e que ao meu entender son innovadores dentro da música no noso país”.
Celso Dourado lembrou que “este ano presentamos por vez primeira na Mariña a Gelría, un grupo cun grande éxito tanto en Inglaterra como en Holanda e composto por galegos e unha catalá. Tamén presentamos a Xógara, o novo proxecto dun focense que vive en Oxford e tres ingleses, e foi unha marabilla porque foi unha fusión de ritmos anglo galegos que realmente resultou moi agradable. E tamén trouxemos a última proposta de Mónica de Nut, para min a cantante máis vangardista que temos nestes momentos no noso país”.
Dourado síntese “moi ledo de aguantar firmemente esta bandeira de promover eventos con escasos recursos e a maior dignidade posible. Quedan estes días para ver a exposición que todos os anos é renovada na súa maior parte e cara ao vindeiro ano seguiremos renovando nela. O Eido Dourado non pode ser un espazo simplemente cara ao público sen ningún tipo de actividade. Ten que estar cheo de actividades e os laboratorios foron unha labor importante sobre todo por parte de Lucía Vila e as súas dotes como ensinante”.
O artista barreirense dixo que “o ciclo musical Sons no solpor para min supón un verdadeiro esforzo. Quero agradecerlle aos músicos e aos artistas o seu comportamento cara a min e cara a este espazo. Sempre marchan moi ledos porque segundo eles é un espazo máxico onde poucas veces presentan os seus proxectos, xa que normalmente son en salas ou noutros lugares. Iso supón para min unha gran ledicia”.
Dourado engadiu que “tamén quero dicir con toda a dignidade da que podo ser capaz que dende o Eido Dourado facemos o que facemos simplemente porque así o queremos e así o sentimos. Nunca fomos pesebristas de ningún político de turno, non somos deudores de axuda nin por suposto branqueadores de subvencións manipuladas. Facemos o que facemos, chegamos ao que chegamos e esperamos resistir ata onde aguantemos, nin máis nin menos”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



