Como todos os anos a AAVV de Santa Cruz celebrou a súa comida anual baixo o Carballo bicentenario, mais de 130 veciños gozaron dunha variada Churrascada con música en directo e hinchables para os veciños máis pequenos. Este ano estiveron acompañados por directivos da Federación Provincial de Asociacións de Veciños e aproveitaron para conxuntamente facerlle unha homenaxe ao seu socio mais lonxevo Ramon Gasalla (o médico dos pobres) con 101 anos, entre aplausos recibiu por parte de Miguel Ángel dous detalles de Burelarte.
