Lugo, 5 de setembro de 2017. A Deputada de Recadación Económica e Facenda, Mayra García Bermúdez, inaugurou este mércores a mostra itinerante Nós+outrxs en rede, que estará exposta ata o 8 de outubro, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) de Foz. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde de Foz, Pedro José Fernández Martín, á Coordinadora da exposición, Encarna Lago, e a varios autores desta exposición colectiva.
García Bermúdez sinalou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos Concellos da provincia, exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que dinamizamos a vida nas vilas e difundimos o traballo dos artistas lucenses por toda a provincia”.
Trátase dunha colección de máis de 140 obras, que conta coa colaboración do municipio focense, na que participan 17 artistas que propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Este proxecto colectivo, estivo exposto nos 4 museos da Rede Museística da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar, en Chantada e Lourenzá.
Artistas
– Carmen Porteiro: co proxecto Non son ninguén presenta unha serie fotográfica que xorde a partir dunha interpretación en formato audiovisual da obra de Maruja Mallo (postaleando, 2014) e da reflexión de Tania Balló sobre Las sin sombrero, un grupo de mulleres, entre as que se atopa Mallo: coa que se fai unha crítica da ausencia da muller na sociedade actual.
– Cristina Basanta e Lucía Vila: participan con Conversas. Despois de traballar no proxecto Raíces, deciden continuar explorando conxuntamente con este tríptico. O interese polo traballo colectivo, a unión como raíz e a Mariña como lugar de encontro, enlazadas entre a paisaxe, as mulleres e o tempo.
– Reme Remedios: presenta a obra Mulleres en círculo.
– Crystilandia: coa súa obra Corazón desarraigado busca…. Hai tempos nos que un corazón debe desarraigar, desprenderse das vellas follas e alzarse a voar, espallando novas sementes, para así atopar un novo fogar no que botar raíces.
– Laura Varela: co proxecto Suspiro explora o efémero e ao mesmo tempo eterno que é o sentir. Catro imaxes que dialogan entre si cun haiku como refrán, como enlace, coma un latexo, como a respiración.
– Elvira Fente: coa súa obra Womanhood describe situacións que permiten abrir novos debates sobre a condición feminina. Imaxes que espertan no público emocións, respostas e interrogantes. A obra divídese en tres bloques, que se corresponden coas tres etapas na vida da muller segundo a cultura celta; a inocencia, a maternidade e a sabedoría.
– Julio Leira: participa con Vida Cotidiana, unha serie de fotografías da súa colección Vida cotiá en distintos países, especial
– Paula Cabaleiro: participa nesta exposición con Meu berce, meu mar.
mente en Senegal, coas que trata de captar a esencia das persoas na súa vida diaria.
– Kristopher (Kris) Dios Barreiro: participa coa obra The Wall, un exercicio de auto-expresión no momento no que autor descubre que é unha persoa transexual, unha obra conceptual que representa un muro no que se reflicten a modo de graffiti diferentes emocións.
– Violeta Bernardo: co proxecto Muller/es, unha colección de pezas nas que se reflicte a forma de pensar da artista galega. O obradoiro que impartirá será Escultura cerámica comunitaria.
– Mery Pais: co proxecto Olladas sen fronteiras.
– Vita Martínez: a través da súa obra, esta artista constrúe a metáfora da alteridade. Para elo, non dubida, en empregar o seu propio corpo, como marxe de escritura ou os areais como folio en branco, incluso as pedras como símbolo migrante do eu ao ti.
-Eva Díez: gañadora do III Premio de Fotografía Contemporánea co seu proxecto Renacer, do que forman parte as pezas incorporadas a esta mostra. Renacer é un proxecto fotopoético que xoga coas oposicións: luz e escuridade, primeiro plano e plano de fondo, etcétera.
– Anas Costas: presenta unha peza que xurde dun poema de Helena Villar Janeiro, un haiku escrito ex profeso para esta colección.
– Paula Noya: presenta a obra A memoria é o perfume da alma.
– Mónica Mura: coa súa obra Sas Diosas…Miradas, sa arèntzia, a autora honra as súas raíces e a súa identidade, facendo un retrato da súa xenealoxía a través das mulleres das seis últimas xeracións da súa familia materna. A artista acompaña as obras cunha videocreación.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



