Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación da XVI Volta Ciclista a Galicia que terá lugar do vindeiro 14 ao 17 de setembro e transitará polas cidades de Monforte, Lalín e Santiago de Compostela en catro etapas. Na súa intervención, a titular de Deporte destacou que “ciclismo e Galicia sempre estiveron intimamente unidos” xa que “hai 130 anos que Vigo acollía a primeira competición ciclista na nosa terra”. Tras salientar a importancia da presencia de Galicia nas etapas da Volta a España e lembrar o pasado exitoso do equipo Xacobeo Galicia, Marta Míguez destacou a Volta a Galicia como “unha competición tradicional, profesional, experimentada, atractiva, apaixonante e sobre todo, 100% galega”.
Deste xeito, a responsable do deporte na nosa Comunidade gabou unha proba “que naceu en 1933 e que xa se quedou para sempre no calendario deportivo de Galicia”. “Hoxe, 84 anos despois de que Salvador Cardona se alzara co trofeo da primeira Volta a Galicia, a nosa competición favorita prepárase para unha nova edición que superará todas as expectativas”, engadiu.
Marta Míguez falou do apoio da Xunta de Galicia ao ciclismo e informou que a Secretaría Xeral para o Deporte “subvenciona a 166 equipos de alta competición, entre os cales hai 6 de ciclismo”.
Ademais, segundo a Proposición non de Lei aprobada o pasado 11 de xullo polo Pleno do Parlamento de Galicia sobre a demanda ao Goberno de España de medidas que contribúan a garantir a seguridade viaria dos ciclistas, a Xunta de Galicia está a dar traslado ás institucións correspondentes deste acordo que inclúe propostas como a reforma do código penal, unha maior control e sinalización nas estradas e a realización de campañas de sensibilización. “A consideración e a concienciación acerca da importancia do ciclismo, como deporte ou como actividade, debe ser compartida por todos os cidadáns e cidadás, así como por todas as entidades, organizacións e administracións que coas súas medidas melloren a situación dos ciclistas e contribúan á protección deste colectivo formado por milleiros de persoas”, dixo.
A Volta a Galicia contará coa participación de 18 equipos de toda España e incluso de Francia nos que competirán un total de preto de 180 ciclistas.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
