A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, ven de editar un bando no que anuncia que unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará na localidade entre os días 21 e 26 deste mes de setembro, situada no Mercado Comarcal Gandeiro. o horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o 22 / 9 / 2017, que será en horario de mañá.
A rexedora laurentina sinala ademais nese bando que “para solicitar cita previa por teléfono é no 902 30 90 00, e a través da páxina web en www.sycitv.com – cita previa”. Finalmente indícase que “a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias”.






















10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



