Santiago de Compostela, 24 de setembro, 2017. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón asistiu hoxe á XXX EDICIÓN DA FEIRA DO POLDRO celebrada en Muras onde participou de diversas actividades organizadas por este concello.
Na carpa do recinto feiral, a portavoz do BNG participou no acto de homenaxe a José López Soto, ex alcalde de Muras e promotor no seu día da 1ª Edición da Feira que este ano cumpre a súa XXX edición.
Na súa intervención, a nacionalista transmitiu á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, presente na homenaxe, a necesidade de acelerar o pago das indemnizacións polas danos producidos ao gando por animais salvaxes e lembrou que na actualidade un gandeiro ou gandeira cobra entre “150 ou 200€” por un tenreiro atacado por un lobo cando en realidade ese animal nun ano “alcanzaría un valor entre 1.000 e 1.200 euros” polo que reclamou incrementar a contía ao 100% do valor real e unha “avaliación xusta dos danos”.
Por outra lado, tamén demandou da administración unha maior aposta polo “prevención” contra os ataques de lobos, voitres e xabarís, ofrecendo medios e recursos aos gandeiros para impedir os ataques.
Pontón aseguro que o lobo ten dereito a vivir pero “non á costa dos gandeiros”. A solución dixo, debe vir da man da administración polo que volveu reclamar “celeridade no pago de indemnizacións, que alcancen o 100% do valor dos danos e aumentar a partida destinada a paliar os efectos dos ataques”. As indemnizacións son abonadas, no mellor dos casos, ao ano e medio ou dous anos do ataque e os gandeiros non poden asumir as perdas. Ademais, a valoración de danos non se corresponde coas razas nin o estado real dos animais afectados, a valoración das feridas producidas polos ataques do lobo deben facerse polo tanto “con rapidez” porque de non ser así, “a explotación sofre un grave prexuízo no seu conxunto que pode mesmo facela inviable”.
Pontón salientou que as axudas a razas puras como o cabalo pura raza galega ou vacas cachenas son superiores as razas cruzadas sendo estas o 90% das existentes no concello de Muras polo que pediu unha “xusta valoración para estas razas” e que os gandeiros non sexan discriminados a hora de avaliar o valor real do animal.
UNHA TARIFA ELECTRICA GALEGA
A portavoz do BNG tras parabenizar ao concello de Muras por poñer en marcha unha “iniciativa pioneira” no Estado español que supón unha bonificación no recibo da luz dos veciños e veciñas deste concello. Pontón lembrou que o BNG defendeu no Parlamento galego diversas iniciativas destinada a implantar unha “tarifa eléctrica galega” que beneficiaría ás familias e empresas galegas e que o PP votou sistematicamente en contra.
A pesar da negativa do Goberno galego a impulsar unha tarifa eléctrica propia, dende o BNG recalcou, seguiremos presentando iniciativas nesta liña para que as familias e empresas galegas se beneficien dun aforro dun 30% no pago do recibo do subministro eléctrico. “Non é lóxico que un país excedentario de produción eléctrica non se beneficie desta circunstancia e paguemos a luz como si viviramos en Madrid que non produce nada”.
Ana Pontón, acompañada polo alcalde nacionalista, Manuel Requeixo, a deputada Olalla Rodil, a responsable comarcal do BNG, Ana Hermida e membros da corporación municipal mantivo un encontro con gandeiros e gandeiras con gando afectado polos ataques de animais salvaxes e asistiu á presentación e degustación da hamburguesa “Gañidoira”, elaborada exclusivamente con carne de poldro.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



