Barreiros, 26 de setembro 2017. No Pleno celebrado o pasado luns pola corporación barreirense, o grupo municipal do BNG levou a debate a situación na que se atopa o antigo teleclub da vila, concretamente preguntaron polo uso que se lle está a dar ao local destinado a cafetería no mencionado edificio, que é de titularidade municipal, e que desde o 14 de marzo de 2011 está cedida polo Concello de Barreiros á Asociación de Veciños de San Cosme según acordo plenario desa data, acordo que literalmente dí:
PRIMEIRO.- Ceder gratuítamente por un prazo de quince anos á Asociación de Veciños de San Cosme de Barreiros o uso do local do inmoble sito en Carretera da Praia nº 1 de San Cosme de Barreiros e que se está destinando a cafetería. SEGUNDO.- Esta cesión de uso supón que os gastos derivados do uso deste local serán de conta da Asociación de Veciños, debendo entregar o local en óptimas condicións de uso ó final do período establecido.”
Nesa mesma sesión plenária na que se cedeu o local, o alcalde Alfonso Fuente manifestou que “é un edificio de titularidade municipal onde hai unha cafetería que non ten ningunha relación xurídica co concello ainda que sí coa Asociación de Veciños. Para regularizar esta situación é polo que se cede gratuítamente este uso á Asociación de Veciños, entendendo que ésta actúa sin ánimo de lucro”.
Desde o BNG afirmaron que pasados 6 anos e medio desde a adopción do acordo de cesión do local, e lonxe de regularizarse esta situación, o local obxecto da cesión sufríu modificacións nos dous últimos anos realizándose obras no mesmo sen que se teña constancia do tipo de licenza concedido para tales obras nin do proxecto presentado para a suposta remodelación do local destinado a cafetería no antigo Teleclub. Ademáis anunciouse en repetidas ocasións a inminente apertura da cafetería con carteis pendurados das vidreiras da mesma sen que ata o de agora se levara a cabo tal apertura.
Esta situación xera malestar entre a veciñanza
Para o BNG esta situación, que está xerando malestar entre a veciñanza de Barreiros, debe solucionala o concello canto antes, pois este local público situado no centro de San Cosme non pode estar eternamente pechado, privándolle do seu disfrute aos barreirenses, por eso @s edís nacionalistas instaron ao alcalde a dirixirse á Asociación de Veciños de San Cosme para que ésta díe conta do uso que lle está dando ao local que lle foi cedido gratuitamente por espazo de 15 anos, e que así mesmo lles advirta que están obrigados a “devolver o local en óptimas condicións de uso ao final do período establecido”, tal como dí o acordo de cesión. Desde o BNG interesáronse tamén polo tipo de licenza concedida para as obras de demolición alí realizadas e mais de supostas reformas, e preguntaron tamén polo respectivo proxecto, para poder coñecer que é o que se pretende facer alí.
O Concello de Barreiros tén a obriga de averiguar e explicar o que acontece con este local público
“O Concello, como propietario do inmoble tén a obriga de explicar o que está sucedendo con ese local, sobre todo tendo en conta ques se está a piques de chegar a metade do período temporal da cesión. É un ben público, de todas e todos, e polo tanto tén que interesarse polo estado desta infraestructura, e se a entidade beneficiaria da cesión non lle dá uso e non o mantén nas debidas condicións, o concello deberá plantearse a anulación da cesión e a recuperación do local para uso e disfrute de tod@s”, afirmaron desde o BNG.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



