No mes de xuño, no marco dunha reunión de traballo co Partido Socialista de Portugal, na Assembleia da República en Lisboa tiven a sorte de partillar sobre socialdemocracia, recuperación e Europa co Deputado socialista do P.S. Paulo Pisco. É de recibo recoñecer a labor do P.S. na forte recuperación de Portugal tanto no económico como no social, neste eido están a anos luz do Estado español. O goberno Portugués é a mostra de que se pode recuperar unha economía sen ter que xogar coa dignidade da xente, sen ter que castigar a clase media traballadora. Aplicando medidas socialdemócratas de verdade, axustando tamén moitas cousas con sacrificio pero sen pisar a ninguén, tamén nisto están a anos luz.
Concordo co deputado Pisco na súa valoración da socialdemocracia europea, son os últimos mohicanos dixo, e as recentes eleccións autárquicas así o reflicten: o P.S. ten o 37,8% do votos e 952 mandatos, moi lonxe do 16,1% e 493 mandatos do P.S.D. Resultados que xa quixeran moitos partidos da Internacional Socialista e moi especialmente o PSOE. Pero isto non é por sorte nin por capricho dos irmáns de Portugal, responde a unha cultura política seria do PS que afrontou a crise sen mentiras, sen brotes verdes, sen promesas. Chegando a perder o poder e traballando dende a base, para voltar con forza e dignidade para a clase traballadora portuguesa.
A xente sempre acredita na forza e na firmeza dos ideais e no cumprimento da palabra dada. Está é, a garantía da que gozan os socialdemócratas de Portugal, xa quixera o PSOE esta firmeza: “No es no” pero agora “No pero si” o “no pero bueno” “brotes verdes” … a anos luz.
En Galicia, formacións políticas e tamén frontes de Partidos: BNG e En Marea, meten no seu discurso que a recuperación de Portugal é froito da presión do Bloco de Esquerdas, tentando menosprezar o traballo dos amigos do P.S. e tentando traer para o seu espello a recuperación portuguesa: que interesados. Mais parece que en Portugal teñen claro quen está a traballar pola dignidade da xente. O B.E. tivo o respaldo do 3,3% da poboación e 12 mandatos, convén sabelo. Non tiveron moito predicamento os Alcaldes estrela da Marea en Braga no acto do Bloco de Esquerdas, coido que os portugueses son máis de feitos e accións que de slogans. Tamén convén sabelo vailles mellor así.
Parabéns pois o P.S. tanto polo seu resultado como tamén pola súa visión e medidas para recuperar a dignidade da xente, actuando con firmeza con camiño e con accións claras da política digna, sen venderse ó capital e a dereita como moitos partidos socialistas e socialdemócratas de Europa. Nós seguiremos traballando co PS para mellorar Galicia.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



