O local social de Xebra, sito na Rúa Leandro Cucurni 9 de Burela, acolle o Venres 6 de Outubro ás 20:30 a presentación do libro “Os nomes do terror. Galiza 1936:os verdugos que nunca existiron” nun acto no que participarán Bernardo Penabade, escritor e profesor do IES O Perdouro, o artista plástico local Daniel Rio “Caxigueiro”, autor da portada do libro , o coordinador do volume Xosé Ramón Ermida Meilán e o autor do mesmo Carlos Nuevo Cal. O volume recolle un extenso estudo sobre a represión franquista na Mariña, e en Burela da autoría de Carlos Nuevo no que se fai unha exhaustiva relación dos veciños desta área asasinados, ben por procedementos xudiciais ou extraxudiciais, achegando por primeira vez dados sobre dalgunhas das persoas que participaron nestes asasinatos.
Segundo sinala Carlos Nuevo “ o golpe de estado fascista veu poñer fin á vizosa vida asociativa, política e sindical da Burela republicana, onde destacaba pola súa capacidade organizativa e de mobilización a CNT que naquela altura tiña máis de 250 mariñeiros afiliados á entidade”. As diversas modalidades represivas afectaron a moitos veciñas de Burela de diversa condición e clase social, atopándose entre eles mestres, mariñeiros, persoas que loitaron co exército popular ou responsábeis públicos. Así entre outros atopamos a Lucinio Basanta Vispo, militar do exército republicano, Xosé María Sestao Saa, posteriormente internado en diferentes campos de concentración, Matilde González López, mestra, Piedad Domínguez, compañeira do dirixente socialista García Atadell, sendo fusilados Benito Colín Veiga e Xosé María Correa de Saa, alcalde e secretario do concello de Cervo do que facía parte Burela.
Un lugar de destaque na investigación ocúpaa Emilio Pardo Otero, mariñeiro de 44 anos, veciño de Burela que será fusilado en Ferrol o 27 de Setembro de 1936 en cumprimento do bando de guerra. Emilio Pardo traballaba como fogoneiro no “Udondo”, un cargueiro vasco con base en Xixón que será apresado en setembro o 12 de setembro 1936 polo bou artillado Tritón a 10 millas de Ribadeo cando regresaba dunha viaxe de Valencia, cunha importante carga de víveres e materiais para a cidade asturiana. Emilio Pardo, canda os restantes membros da tripulación será conducido a Ribadeo, sendo posteriormente traslado a Ferrol onde os 42 tripulantes serán fusilados en diferentes quendas entre o 25 e o 27 de Setembro de 1936. A tripulación, formada maiormente por mariñeiros galegos, será fusilados sen ser sometidos a consello de guerra, atendo exclusivamente a unha resolución do auditor da base militar de Ferrol coronel García Rendueles e do vicealmirante Indalecio Núñez. Actualmente o caso do “Udondo”, que posteriormente pasaría a chamarse Albareda, está ser investigado pola xuíza María Servini de Cubría, no marco da denuncia arxentina contra o franquismo.
Carlos Nuevo repara no seu traballo en Camilo Fernández, mestre de varias xeracións de veciños de Burela, fundador e directivo da confraría de pescadores e destacado impulsor nas xestións para promover as obras no porto da localidade. Camilo Fernández apartado do seu traballo como ensinante será obxecto dunha brutal persecución por membros da falanxe de Cervo e Burela que lle obrigará a abandonar a localidade nos anos do conflito bélico. Nuevo recupera no volume un artigo publicado o 17 de Abril de 1937 no Heraldo de Vivero no que solicitan o asasinado do mesmo afirmando “Fue detenido en Lugo por Falange de Cervo y seguidamente puesto en libertad por orden gubernativa. ¡Y sigue cobrando! Tiene a un muchacho atendiéndole a la Escuela y él se pasea por Lugo. Para esta clase de canallas debe haber otra clase de paseos que no sean los de las ciudades precisamente”. O artigo de prensa recolle con precisión as denuncias das que foi vítima Camilo Fernández, para todas as xentes de Burela Don Camilo, e na que participan desde falanxistas da localidade a pais do seu alumnado.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



