Foz, 5 de outubro de 2017. O Concello de Foz asinou hoxe, xoves, o contrato coa empresa que realizará o inventario de fincas e bens municipais cun investimento de 16.000 euros. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, subliñou que servirá para mellorar a seguridade xurídica do Concello e tamén das asociacións e veciños particulares.
Javier Castiñeira anunciou: “no día de hoxe vimos de firmar no Concello de Foz coa empresa PROCAT Ingeniería y Medio Ambiente S.L. o contrato para realizar o inventario de fincas e bens municipais, por un valor de 16.000 euros, IVE incluído, a cargo do Plan Único da Deputación, que permite a todos os concellos dispoñer dunha serie de fondos para diferentes inversións ou, como neste caso, para a elaboración de diferentes documentos necesarios no noso Concello”.
O rexedor municipal salientou que “o inventario de fincas e ben municipais é moi necesario porque mellora a seguridade xurídica do Concello pero tamén das asociacións e dos veciños que ás veces compartimos ou temos fincas afectadas que teñen dubidosa titularidade. Non soamente pola titularidade senón porque iso conleva ás veces ter que renunciar a certas subvencións por non ter definida a titularidade. Polo tanto dará seguridade xurídica para todos que nos evitará moitísimos problemas”.
Castiñeira engadiu que “é un documento que xa tiña que estar feito desde hai moito tempo. Tanto este, de fincas e bens municipais, como o que xa está en exposición ao público, que é o de camiños públicos, son dous documentos que van axudar moito ao Concello a resolver problemas e eliminar ás veces tensións entre asociacións, veciños e tamén o propio Concello”.
O alcalde mostrouse “contento de que o Plan Único da Deputación serva para mellorar isto. É tamén un obxectivo cumprido, o compromiso da corporación municipal, porque en varias mocións e plenos saíu a necesidade de ter que elaborar estes dous documentos. En pouco espazo de tempo terémolos xa a disposición do Concello e facilitaranos moitísimo as cousas para mellorar a viabilidade da administración e sobre todo para non ter os problemas que ás veces trae o non ter estes documentos”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



