Ribadeo, 5 de outubro de 2017. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, coa colaboración do Concello ribadense, organiza unha xornada de sensibilización medioambiental para o vindeiro luns, 9 de outubro, ás catro da tarde no salón de actos da antiga Casa Sindical. O relator será José Rodríguez Coello, que é o responsable de Desarrollo de Negocio da delegación de Aenor en Galicia.
Esta actividade está dirixida a empresarios e público en xeral que necesiten adquirir unha visión xeral dos sistemas de xestión ambiental e das repercusións que ten para as empresas a incorporación da variable medioambiental na súa xestión.
Os obxectivos da xornada son: coñecer o enfoque xeral da familia de Normas ISO 14000 e os requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001:2015; comprender os principios da xestión ambiental e os beneficios que dela se derivan; adquirir coñecementos sobre a aplicación real dos sistemas de xestión ambiental; e coñecer as vantaxes que aporta un sistema de xestión ambiental.
A charla versará sobre os seguintes contidos: evolución da xestión ambiental; problemática ambiental actual e enfoque do factor ambiental nas empresas; definición dos sistemas de xestión ambiental; concepto de desenvolvemento sostible e medio ambiente; obxectivo dos sistemas de xestión ambiental e o seu campo de aplicación; definicións e conceptos esenciais dun sistema de xestión ambiental e os seus beneficios; e datos de certificación de sistemas de xestión ambiental actuais.
Desde ACISA Ribadeo animan “aos socios do colectivo e tamén aos non socios a asistir a esta xornada, pois creemos que é importante para os negocios ver o enfoque da xestión medioambiental, coñecer as normas básicas e principios de xestión e ver como pode ser algo moi positivo para as empresas. Esta actividade levámola a cabo coa Área de Medioambiente do Concello de Ribadeo para concienciar á poboación da importancia que ten a xestión ambiental no só para as empresas senón tamén para os particulares”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



