Burela a 05 de outubro de 2017. Boa tarde/noite a todas e todos os que vos achegastes ate aquí. Realmente a Plataforma Sanitaria da Mariña estamos emocionadas e emocionados ao ver a cantidade de xente que viñestes a este acto reivindicativo en defensa da sanidade pública.sabemos que en moitos casos non é doado polas obrigas laborais , familiares, e de calquera outro tipo.
Tamén o noso agradecemento a aquelas e aqueles que agora mesmo estan traballando e que lles gostaria estar aquí.Que saibades que estades aquí e agora connosco.
Sabemos tamén que algún e algunha tivo que sair do traballo antes,e algúns comercios pecharon antes da hora habitual para poder vir.O noso agradecemento.
Tamén dar as grazas aos colectivos ou asociacións, que paso a nomear:
AAVV de todas as vilas e parroquias
Asoc Mira e anda
ANPAS Alvaro Cunqueiro Mora e ANPA escola de música o Pallarego
Asoc. Apicultores
Asoc cultural no camiño
Asoc. Xuvenil Xoldra
Asoc XEBRA
Espeleoclub Rei Cintolo
ALCER
ASOC. Cultural Pomba do Arco
IRMANDADES San Caetano ,Santo Estevo,
e Augasantas
Montes comunales: Vilaestraofe,Figueiras Carracedo,Rioseco e Chao das Louseiras
Ollomao colectivo cultural
Orfeon Mondoñedo
Pensamento e sementeiraSeminario de estudos Terras de Viveiro
Asc Musical Melomania
ACIAS das vilas
CAMIÑA
Asoc Fibromialxia de Xove
Hortamariña Mondoñedo
Peña Barcelonista Mondoñedo
COMITE DE EMPRESA DE ALCOA
CONCELLOS: Ribadeo, Burela,Viveiro,Mondoñedo, Lourenzá,Valadouro, Alfoz,
PLATAFORMA SANITARIA DE MONFORTE
XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA.
O pasado 2 de agosto, foi publicado no Portal de TRANSPARENCIA DA XUNTA DE GALICIA, o Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Saúde de Galicia na que suprimen as actuais Áreas Sanitarias de O Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. Publicación feita con premeditación, aleivosía e escurantismo, en pleno mes de Agosto, con moitos profesionais e veciñanza de vacacións e sen diálogo previo.
Xa vemos como concibe o Goberno do Señor Núñez Feijoó a negociación e a transparencia!!
A pesar de este escurantismo hai que resaltar a importante participación cidadá e do movemento social no rexeitamento do Anteproxecto, posto que nunca antes se acadaran un número tan elevado de queixas no Portal de Transparencia da Xunta.
O obxectivo do Goberno do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da Sanidade Pública, consolidando a liña de recortes, que tanto dano fixeron e están facendo o noso Sistema de Saúde, provocando un perda no numero de camas e servizos nos hospitais comarcais e afastando de este xeito a resolución dos problemas da cidadanía.
Baleira de contido os hospitais comarcais coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios nos grandes hospitais. Esta medida supón unha gran barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria , especialmente a poboación rural e máis avellentada.
A modificación da Lei introduce un perigoso cambio na maneira de xestionar e planificar os servizos sanitarios, un perverso cambio de modelo no que pasamos de basearnos “nas necesidades sanitarias e asistenciais da poboación” (Lei vixente) a ter só en conta os “recursos sanitarios existentes” (Lei modificada). Cambio moi substancial, que permite concentrar os recursos onde máis conveña ou estean xa instalados e que sexa a poboación a que teña que acudir a eles… SE PODE.
Consolida, ademais, o abandono e relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesíbel para os cidadáns e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu presuposto propio e os seus orzamentos, afondando nun deterioro da calidade asistencial xa imparable.
Señor Núñez Feijoo: A SANIDADE NON SE VENDE!!… DEFÉNDESE!!
Dende que pasamos a depender de Lugo no 2013 esta Área sufriu unha parálise no seu crecemento con unha perda total da súa autonomía, identidade e desenvolvemento. Xa naquel momento manifestamos a nosa preocupación pola situación de esta Área Sanitaria e polas condicións nas que nos atoparíamos unha vez que se materialiase esta integración. Temiamos que isto suporía unha absorción por parte do HULA ao trasladarse a ese centro todos os órganos de decisión, planificación e xestión. Non nos equivocábamos.
– Sabedes que agora desaparecemos como Área Sanitaria e pasamos a ser pacientes de Lugo?, que ata o de agora nos invitaban a ir a Polusa e a Virxen dos Ollos Grandes pero cando desapareza a Área pasarán a obrigarnos?
– Sabedes que nos están a retirar servizos sanitarios?
– Sabedes que queren centralizar as intervencións cirúrxicas en Lugo e que moitos especialistas din que se os obrigan a ir a operar a Lugo pedirán traslado e marcharán da Mariña e que ninguén quererá vir a traballar aquí nesas condicións?
– Sabedes que agora para implantar un marcapasos nos derivan a Lugo?, que pra cambiarlle as pilas temos que ir a Lugo?
– Sabedes que agora para operar ao teu neno dunha fimose nos derivan a Coruña?
– Sabedes que agora para operar unhas cataratas nos derivan a Lugo a centros privados?
_Que para operarnos dun xeonllo nos derivan a Lugo a centros privados?
– Sabedes que unha soa enfermeira queda toda a noite ao cuidado de máis de 30 pacientes?
_Sabedes que so hai 3 celadores polas noites para atender urxencias, quirófanos, UCI, partos, cambios de postura de pacientes encamados etc, e que esta falla de celadores paraliza a actividade de persoal sanitario que teñen que esperar por un celador que non hai.
– Sabedes que o servizo de oncoloxía non ten consulta de enfermeira para prestar educación sanitaria a pacientes e familiares como no resto de hospitais? Sabedes que o hospital de día de oncoloxía está en precario, sen oncólogos propios que se ven obrigados a vir á Mariña dende Lugo despois de facer unha garda e sen durmir? Sabedes que no hospital non temos presenza de oncólogos e cando ingresa un paciente queda ao cargo dun internista xa que os oncólogos non pertencen á Mariña?
– Sabedes que para facer unha proba de esforzo de cardioloxía temos que agardar máis de un ano?
Sabedes que o servizo de Anatomía Patolóxica se atopa abandoado, sen persoal suficiente retrasando o diagnostico do cancro e de enfemidades moi graves?
– Sabedes que a ampliación do Hospital amplía espazos pero non servizos? Non teremos máis quirófanos, non teremos máis plantas de hospitalización, non amplían a UCI, non teremos novas especialidades. O que realmente se amplía é a área de consultas.
– Sabedes que levamos anos demandando a necesidade dunha resonancia magnética e de aparellos para realizar a densitometría ósea, electromiográmas, placas dentais e sempre nos dicían que non había espazo para ubicalos e agora que están a crear espazo sabedes que non queren traelos? Sabedes que non os queren traer xa que teñen un negocio montado coas privadas de Lugo?
– Sabedes que o persoal do servizo de diálise elaborou un proxecto para implantar na comarca hemodiálises a domicilio? Sabedes que para iso precisaban atopar pacientes dispostos a inicialo? Sabedes que logo de atopalos e presentar o proxecto, Lugo apoderouse da iniciativa e os pacientes da Mariña tiveron que pasar 1 mes en Lugo recibindo educación sanitaria?. Resumindo, roubáronnos o servizo e o implantaron en Lugo.
– Sabedes que os nosos centros de saúde están totalmente abandoados, con falta de persoal médico, de enfermería, administrativo, material e longas listas de espera?
– Sabedes que non se cubren as ausencias dos nosos profesionais e non mandan a ninguén de Lugo para aquí?
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña…
EXISIMOS a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde
EXIXIMOS A NON SUPRESIÓN das Áreas Sanitarias
EXIXIMOS A DESVINCULACIÓN da xestión integrada con Lugo e que A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA INTEGRADA PROPIA como a comarca de Ferrol.
EXIXIMOS A MELLORA NA ATENCION PRIMARIA e a dotación de recursos económicos e humanos necesarios para acadar a mellor calidade asistencial.
PORQUE GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE NON SE VENDE: DEFENDESE!!
E témola que defender as persoas que cremos nela, que apostamos por unha sanidade pública e de calidade.
Empregando a linguaxe sanitaria, poderiamos afirmar que a sanidade na Área da Mariña esta na UCI e cun prognostico reservado, e de levarse a cabo a supresión da Área Sanitaria, a gravidade desta paciente que é a Sanidade Pública da Mariña
empeorará drasticamente, mentres non se cambien as políticas que esta a aplicar o goberno do PP e que afogan á cidadanía.
Non consintamos que continúen co desmantelamento da Área da Mariña!!
LOITEMOS POLA SANIDADE PUBLICA !!























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



