Burela 15-10-17. O PRB Reafirmou esta tarde en Lugo a súa solidez defensiva como equipo menos goleado de Segunda un Pescados Rubén que volveu deixar a cero a súa portería nunha vitoria, ante o Prone (0-4), encauzada con grande eficacia no primeiro período, con goles de Renato, Matamoros e Chus. O cuarto triunfo consecutivo, nun encontro duro, outórgalles aos de Juanma Marrube o liderado de Segunda, empatados a 12 puntos con Bisontes Castellón, FC Barcelona Lassa B e FS Valdepeñas.
Renato puxo por diante os da Mariña xa no minuto 4, unha vantaxe que ampliaron Matamoros, no 7, de falta, e Chus, en recuperación, antes de cumprirse a medianía do primeiro acto. Coa superioridade tras a expulsión de Óscar Iglesias (minuto 10), os laranxas dispuxeron de ocasións, aínda que sen acerto finalizador. Este dominio do marcador fixo dano nas filas locais, que apenas xeraron perigo sobre a rede custodiada por Álex. Oficio e orde foron os principais estandartes do Pescados Rubén Burela FS para saber xestionar a renda colleitada antes do descanso. A falta duns seis minutos para o descanso, o Prone apostou por xogo de cinco, co idéntico contraataque dos burelistas. O definitivo 0-4 subiu ao electrónico na recta final con firma de Matamoros, en cinco para catro.
Ficha técnica
Prone Lugo: Óscar Iglesias, Castilla, Porto, Javaloy, Javito, cinco inicial; tamén xogaron Sergio Vela, Manuel V., Nazareno, Villoria, Pablo, Crivi, Adrián
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Pope, Víctor, Colacha
Goles: 0-1, minuto 4, Renato; 0-2, minuto 7, Matamoros; 0-3, minuto 9, Chus; 0-4, minuto 38, Matamoros
Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López (Galicia). Por Prone vermella a Óscar Iglesias (minuto 10), amarela a Javito, Porto, Crivi, Javaloy. Por Burela amarela a Chus, Matamoros, Pope.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Segunda LNFS disputado no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
