Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017.- O Arquivo Histórico Provincial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece un percorrido pola provincia de Lugo a través de fotografías antigas das súas feiras e mercados, realizadas durante o século XX. Por feiras e mercados: Ver, mercar, vender… é o título do novo proxecto expositivo do Arquivo Histórico Provincial de Lugo (AHPL), que será inaugurado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, esta tarde ás 19:00 horas.
A mostra recupera o papel das feiras como impulsoras tanto da vida económica como social das vilas onde se celebraban, ao tempo que constitúe unha manifestación importante para a antropoloxía, pola rica información que se extrae acerca de tradicións, cultura popular ou arquitectura específica.
Cen anos a través de feiras e mercados
A exposición está composta por 60 fotografías en branco e negro e apóiase con varios documentos que amosan o xeito en que se organizaban as feiras e mercados a principios do século XX. As imaxes proceden de negativos propiedade do Arquivo Histórico Provincial de Lugo e van do ano 1914 ata 1986.
As transaccións de gando, nomeadamente do gando vacún, a figura do tratante, o comercio arredor de produtos agrarios, como patacas, cebolas, queixos etc.; e a venda de calzado e de olería conforman o eixo central desta exposición arredor das feiras tradicionais en Galicia, que, xunto coa función económica, desenvolveron un importante papel para a vida social, como punto de encontro e de lecer das xentes do medio rural. Neste sentido, a mostra tamén inclúe diversas estampas que chaman a atención sobre o protagonismo do polbo nestes eventos, preparado “á feira”, xunto con todo o que rodea esta tradición, como os pendellos ou as polbeiras.
Con esta nova exposición, que se pode visitar ata o próximo 31 de xaneiro de 2018, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo contribúe á posta en valor do patrimonio documental e á difusión social dos seus fondos.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



