Alfoz (Lugo), 31 de outubro de 2017.- O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que preto da cuarta parte da superficie de Alfoz está concentrada a través dos dous procesos de reestruturación que ten abertos a Xunta no municipio, nos que se investiron 6,6 millóns de euros.
Hoxe reuniuse a Xunta Local da Zona de Concentración Parcelaria de Pereiro-As Oiras na escola de Pereiro para tratar sobre a proposta de cesión de fincas integrantes da masa común ao concello. Trátase de terreos solicitados pola Administración local, que teñen unha menor utilidade agrícola e por iso son demandados para destinalos a outros servizos para a comunidade. En concreto, a petición do concello refírese a oito fincas, tres para servizo do cemiterio e igrexa parroquiais e o resto en distintos puntos que serán usados para recompilar madeira.
Rematada a reunión, o delegado visitou algunhas das obras en execución en compañía do alcalde, Jorge Val, representantes dos veciños e técnicos de Medio Rural, entre outros.
Tanto na concentración de Val de Alfoz como na de Pereiro-As Oiras estanse a rematar os últimos traballos pendentes, que completarán a rede de camiños secundarios. En ambos casos, os veciños xa tomaron posesión das novas fincas.
En total, os dous procesos de concentración abertos no municipio benefician a 2.163 propietarios de oito parroquias: Por un lado as de Pereiro e As Oiras, e por outro as de Adelán, Carballido, Castro, Lagoa, Mor e Reirado, no Val de Alfoz.
O territorio suma 1.872,1 hectáreas de superficie, que estaban orixinariamente divididas en 10.141 parcelas e redúcense á terceira parte, dando como resultado 3.370 fincas. O 79% do terreo estará vinculado ao aproveitamento agrario e o resto a aproveitamento forestal.
105 quilómetros de camiños
Balseiro explicou que as reestruturacións “son procedementos complexos que involucran a numerosos particulares e deben realizarse con todas as garantías, o que condiciona os tempos”. Neste sentido, lembrou que, tras aprobar as bases definitivas, as obras en ambas concentracións deron comezo no ano 2004, abrindo os primeiros camiños da rede principal. No conxunto da área, actuouse sobre máis de 105 quilómetros de camiños, entre principais e secundarios.
Precisamente, indicou o delegado, “polo que respecta ás obras só quedan remates da rede secundaria en ambas zonas”. Na concentración de Pereiro-As Oiras esta última fase de adecuación de camiños conta cun investimento de máis de 94.000 euros e está previsto que finalice o vindeiro mes de novembro.
O delegado afirmou que “o impulso das parcelarias é unha prioridade do Goberno galego, xa que a reorganización de terras permite un mellor aproveitamento para os que queren seguir labrando o seu futuro no medio rural”.
Engadiu que o peche administrativo de todas as reestruturacións parcelarias abertas é un compromiso da Xunta para os próximos catro anos, segundo as liñas marcadas desde a Consellería do Medio Rural. “Estes procesos -asegurou- estanse adaptando ao novo marco legal coa introdución dos plans de aproveitamento de cultivos e a adopción de medidas de protección do medio ambiente”.
“Redimensionar as fincas facilita o traballo, optimiza os resultados e incrementa o rendemento; en definitiva, é o camiño a seguir para impulsar o desenvolvemento económico do rural e o mantemento e coidado da superficie agraria e forestal”, concluíu o delegado.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



