SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 de novembro de 2017.- O presidente da Deputación de Lugo non compareceu este venres na Comisión Terceira para dar conta dos Orzamentos que o organismo provincial prevé investir na provincia ao longo do vindeiro ano. Tal e como indicou o deputado autonómico, Daniel Vega, “hoxe a silla do Sr. Campos está baleira, como tamén está na propia Deputación, porque é un presidente ausente”, afirmou.
Deste xeito, o popular denunciou ao comezou da súa intervención que a incomparecencia do socialista supón unha situación atípica e unha falla de respecto ao Parlamento, “que é o máximo órgano de todos os galegos”. Deste xeito, Daniel Vega censurou a ausencia do rexedor provincial, xa que existe un acordo unánime de todos os grupos políticos con representación na Cámara do Hórreo para que todos os titulares das Deputacións de Galicia acudan unha vez ao ano, “nun exercicio de democracia”, a explicar as principais liñas estratéxicas do documento que Orzamentos.
O Sr. Campos estalle faltando o respecto a esta Comisión. Non podemos pretender como prefire rendirlle pleitesía á presidenta da Deputación de Pontevedra e a unha parte do Partido que dar explicacións a todos os lucenses”. Para o deputado autonómico esta incomparencia evidencia “a profunda división interna” que sofre o PSOE, e que quedou perfectamente manifesta ao recoñecer o deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Luis Álvarez, que o presidente lucense debería de haber comparecido na Comisión á que estaba convocado.
“Eu prefiro un presidente que rinde contas, un presidente de todos os lucenses e non un presidente que só exerce co carné de militante”; sobre todo, indicou, poque todos os titulares provinciais o fixeron durante os dez útimos anos.
“Sen compromiso para a provincia de Lugo”
“A este Parlamento débeselle un respecto, porque máis alá de ser socialista é o presidente de todos os veciños de Lugo”. E é que para o deputado do PP a ausencia de Darío Campos vén a demostrar que “non ten compromiso coa provincia e, moito menos, un obxectivo claro para a Deputación. Se o tivese, indicou, estaría hoxe aquí para dicirnos que ten pensado facer, por exemplo, coa Granxa Gayoso Castro; por certo, a Granxa das mil primaveras máis, pois cada vez que viñan se anunciaba para a primavera. Agora parece que é para febreiro, polo menos xa adiantaron uns meses”, subliñou con certa ironía.
O secretario Xeral permite o desleixo de Campos
Por todo elo, Daniel Vega recoñece que non comprende como o secretario Xeral permite este desleixo do presidente lucense, “cando a obriga, polo menos moral, era a de estar hoxe aquí, sentado nesa silla e exercer a súa responsabilidade”.


















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



