Sabemos pola Prensa que o Centro de Artesanía e Deseño lugués expón unha réplica en madeira, da imprenta que revolucionou Europa, construída nos seus talleres, que non tardará en ser a terceira funcionando en España.Tras grande esforzo e dedicación, según o responsable do Obradoiro do Moble Artesán do Centro, que depende da Deputación, foi quen de levantar outra réplica no mesmo material. A peza exponse no espazo dedicado ó Obradoiro do Libro; pero quedan detalles que farán da obra artesana un valor de futuro. A intención dos promotores é poñela a funcionar pois, “ só hai dúas semellantes en España, funcionando; unha en Urueña (Valladolid), pequeno pobo,do que se di que é o único do país que ten mais librerías(10) que bares, e outra na Comunidade de Madrid”; artiluxo alleo á era dixital na que vivimos.A máquina, realizada con madeiras de castaño, pino e faia, será a peza estrela do obradoiro, a instalar no Servizo de Publicacións da Deputación, onde se habilitou unha sala para a presentación de libros. Pero esta Gutenberg non será só unha invitación para coñecer o Obradoiro do Libro; os responsables queren habilitar uns paneis e fotografías que detallen a historia do invento de Johannes Gutenberg a mediados do S.XV, que revolucionou a historia da Humanidade, e aproveitalas tamèn en visitas escolares e recorridos guiados.
O titular da información, en letra destacada, dí : “Lugo presume de imprenta Gutenberg”, e remata: “Cando se consiga poñer en marcha o atefacto, a bó seguro Lugo e a súa artesanía seguirán na vangarda”.Obxetivo logrado en Foz hai pretiño de 50 anos.
A nova que precede servíu de acicate á nosa depauperada memoria, lembrando que hai ese tempo se presentara aquí, obra dun focego, a que foi a primeira réplica en madeira da Gutenberg, realizada en Galicia. Era o ano 1970; o que suscribe fora nomeado presidente da Comisión de Festas. No desexo de introducir no programa un número cultural, e ó tempo popular, pensou na que podería ser unha magna feira de artesanía, con unha importante novidade: os artesáns traballando á vista do público, modalidade da que seríamos pioneiros.O certame feiral, por suxerencia de Díaz Pardo, chamouse “Feira de Arte Popular Galego”; o seu fillo Xosé diseñou o cartel anunciador; Sargadelos, que apenas levaba dous anos cos seus productos no mercado, montou un chamativo stand, así como a Ciudad de los Muchachos (Benposta) unha macro-instalación, con preto de medio cento de artesáns; unha espléndida mostra da rede galega de Teleclubs.
O pintor lugués Luis G. Pacios, que naquela cidade impartía crases a un nutrido grupo de alumnos, fixo con eles unha moi atractiva mostra e un feixe de artistas individuais completaban a que foi a feira artesana de entidade nunca coñecida polos nosos pagos. De todo o contido da mesma o mais sorprendente fora aquela Gutenberg de madeira que, con tipos tallados no mesmo material imprimía á vista do público. O artífice desta obra sorprendente fora Xosé Díaz Fernández, a quen todos en Foz coñecíamos por “Pepe de Burón”, cuxas dotes artísticas eran tamén amplamente recoñecidas.
O artista focego, na soedade do seu fogar, e cos mais rudimentarios medios, adiantouse medio século á iniciativa do Centro de Artesanía da Diputación de Lugo, na confección en madeira e o funcionamento do invento que revolucinou a humanidade.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



