NOTA DE PRENSA
Os populares constatan que a Mariña non existe para a Deputación bipartita
* Afirman que os investimentos reais nos orzamentos de 2010 para a comarca ascenden a 2.500 euros
* Lamentan a falla de compromiso co sector pesqueiro e agrogandeiro
A Mariña, a 4 de xaneiro de 2010.- Os populares da comarca de A Mariña manifestaron hoxe nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP burelés que a comarca non existe para a Deputación bipartita e que tampouco se vé ningún compromiso co sector pesqueiro.
Os deputados provincias do PP pola Mariña, José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, acompañados dos deputados autonómicos Emma Alvarez e José Manuel Balseiro, así como por alcaldes e cabezas de lista de concellos da Mariña, afirmaron que o compromiso da Deputación de Gómez Besteiro e Antón Bao coa comarca presenta un saldo claramente negativo, xa que as pretendidas apostas polos sectores pesqueiro e agrogandeiro son mínimas.
Os populares afirmaron que fóra das aportacións para o Plan de Obras e Servicios, POS; e da obra na praia das Catedrais, que segundo puntualizaron é un proxecto herdado da etapa do PP que xa estaba adxudicado e que agora foi correxido, só quedarán as aportacións a pequenas obras levadas a cabo por asociacións veciñais, que xa veñen tamén da etapa do PP na Deputación e que no seu momento foran moi criticadas por PSOE e BNG.
Os populares tiraron de datos para argumentar as súas críticas. Así, Barcia e Ginzo aseguraron que o investimento real novo ascende só a 2.500 euros, adicados a novo moviliario no Museo do Mar de San Cibrao, no que se investirán outros 34.000 euros, pero en reparacións. Polo tanto, aseguraron, non hai nada novo previsto para o Museo do Mar, e será imposible facer algo en 2010 porque sinxelamente non hai cartos.
E falando de subvencións nominativas, os populares foron claros. O peso da comarca para a Deputación é do oito por cento, xa que dun total de 2.952.000’00€ que se destinan a tal efecto para o conxunto da provincia, para a comarca só se destinan 236.500’00€, dos cales escasamente 100.000 se destinan a concellos. E aínda así e todo bótanse en falla axudas a determinadas actividades en concellos coma Cervo ou Alfoz, que semellan esquecidos pola Deputación.
No que se refire ó Inludes, e en concreto ás subvencións nominativas, aquí o peso é maior, pero, segundo González Barcia e Yanes Ginzo, só chega ó 17’65%, xa que de un total de 158.643’00€, destínanse á Mariña 28.000’00€, entre os que están incluidos os 18.000’00€ para confrarías.
SECTOR PESQUEIRO.-
Precisamente no que se refire ó sector pesqueiro, Barcia indicou que a totalidade das aportacións a confrarías e adquisición de semente de marisco ascende ós indicados 18.000’00€, e pese a que aumenta en 6.000 euros con respecto a 2009, segue sendo inferior en 3.000 euros ó que se aportou en 2008 e en 2007, que ascendía a 21.000’00€.
Yanes Ginzo dixo que nin na Deputación nin no Inludes están contempladas axudas para o sector forestal, de capital importancia nesta zona. Suliñou que nin sequera as houbo cando facía falla colaboración para paliar os efectos do Klaus. E as axudas do Inludes para o sector agrogandeiro para toda a provincia en transferencias de capital a empresas privadas é de 144.200’00€.
E continuando co pretendido esforzo e compromiso do bipartito provincial coa Mariña, Barcia e Ginzo indicaron que a rede viaria provincial na zona, coma en xeral no conxunto da provincia, presenta un mantemento manifestamente mellorable, o que impide claramente plasmar o tan demandado e necesario equilibrio territorial.
SUPLUSA.-
En canto á Sociedade Urbanística Provincial, Suplusa, os populares puxeron de manifesto o retraso na posta en marcha de parques empresariais: Trabada avanza a ritmo de tartaruga; en Burela nada, e en Ourol os xa consabidos problemas de ausencia de mellora dos accesos. Eso sí, segundo puntualizaron, anunciase un novo en Chavín, que haberá que agardar a ver cómo se desenvolve. E dos 23 concellos que en toda a provincia, “por designación da providencia”, se verán incluidos nunha inversión conxunta para sistemas xerais de equipamentos e dotacións, só tres, Ourol, Trabada e Riotorto, pertencen á Mariña.
A conclusión, para os populares, é clara: a Mariña non existe para a Deputación bipartita, por moito que Gómez Besteiro alardee de estar vencellado con esta comarca, e de sacarse fotos surfeando en Barreiros, en procesións de Riotorto, ou facendo posados fotográficos no Faro de Roncadoiro.
Máis patético é ó entender dos populares “o papelón” dos deputados provinciais mariñanos do bipartito: falta a primeira vez que faigan propostas positivas e de futuro para A Mariña, e teñen por norma votar en contra de todo aquelo que poida propoñer o PP que supoña un beneficio para a comarca.
Finalmente, indicaron que ó conxunto da provincia este mandato provincial do bipartito estáselle a facer especialmente longo pola falla de interese, vagancia e despilfarro de socialistas e nacionalistas, que non son capaces de poñer en marcha proxectos que ilusionen e vertebren ó conxunto da provincia.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



