O goberno de Euskadi tivo que afrontar a parte final da cruenta reconversión industrial, xa nos anos 90 do s. XX. Reconversión iniciada por Felipe González froito do peaxe pactado na negociación cos poderes de Europa (que aínda estamos a pagar por certo en Galicia), para entrar na construción común europea. Os daquela dirixentes do PNV e de Euskadi apostaron por un proxecto novo, apostaron pola cultura como un motor da súa economía. O proxecto que propuxeron á sociedade foi crear un espazo cultural referente: o Guggenhein.
Convén ter a referencia da forte crise social e a contestación social do momento, tamén a falla de vista de: PSOE, PP e da esquerda abertzale, que sempre estiveron en contra, incluso a ameaza do terrorismo. Máis dende o goberno do País Vasco apostaron forte e gañaron. O resultado é hoxe incuestionable, o museo é un dos motores da forte economía de Euskadi, ademais de ser un polo de atracción é tamén unha ferramenta de proxección no mundo. Tiven a sorte de coñecer da man de Atutxa o traballo realizado para a implicación do Pobo Vasco no proxecto, esa foi a chave do seu éxito: impregnar na fachenda dos cidadáns de Euskadi un forte orgullo polo Guggenhein facendo parte do proxecto a todos os Vascos, hoxe todos presumen do seu Museo, forma parte da iconografía do País Vasco e da súa promoción como Nación.
En Galicia a Cidade da Cultura ben podía ter un papel semellante (agora que está non imos tirala). Pero é de todo imposible, de momento. A este “noso” proxecto invádelle un problema: o complexo e o apoucamento da clase dirixente galega. No canto de ensinala e potenciala, no canto de presumir como fan os Vascos do seu, aquí os gobernos agóchana, aproban gastos de forma escondida e non apostan por implicar na súa proxección ó Pobo Galego, quizais tamén porque non sabemos o que realmente é a Cidade da Cultura, parece mentira pero se preguntamos a 50 persoas polo País, seguro que só 5 saben explicar o que o Gaias contén e representa.
Hoxe é unha das moitas oportunidades perdidas do noso País, pero temos a obriga moral de darlle un pulo, temos a obriga de xustificar o alí gastado, temos a necesidade de implicar á xente do común no seu desenvolvemento. O Gaias ten que ser un referente da cultura galega un motivo de fachenda, unha ferramenta que constrúa País. Un movemento de identidade.
En definitiva o Guggenheim foi un acerto da acción política en Euskadi, que se converteu nun movemento do pobo, se fracasamos na Cidade da Cultura vai ser un fracaso de todos.
Será que non interesa? Pode ser unha proxección no mundo, que faga de Galicia aínda máis unha Nación singular. Identidade temos, cultura temos, forza temos para poder encher sen problema catro Cidades da Cultura. Porque logo somos apoucados? non o foron os Vascos, pero claro alí gobérnanse eles a si mesmos.
Piñeiro Docampo
Sº XERAL DE CxG




















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



