Xove, 20 de novembro de 2017.- A Xunta de Galicia destinou 26.417 euros ao concello de Xove para colaborar no proxecto de mellora da iluminación pública e da eficiencia enerxética na urbanización de Palmeiro.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou a zona xunto co alcalde, Demetrio Salgueiro, e destacou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achegou o 65% do orzamento da obra con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.
Este fondo, engadiu Balseiro, procede do canon eólico e está destinado á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales son principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.
No caso de Xove, o proxecto subvencionado supón unha clara mellora tanto dende o punto de vista medioambiental como de redución do gasto. En concreto, procedeuse á substitución de farolas en mal estado por outras novas, a substitución das luminarias existentes por outras máis eficientes tipo LED e a instalación de equipos electrónicos autoprogramables de dobre nivel, que axustan o fluxo lumínico e o consumo da lámpada dependendo da hora.
Estas modificacións permiten unha diminución da potencia instalada do 72% e un aforro do consumo de case o 73% en comparación co anterior sistema. “Ademais de mellorar de xeito significativo a iluminación de todo o entorno -sinalou o delegado-, contribuímos ao aforro na factura eléctrica do concello e a reducir a contaminación ambiental”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



