A MARIÑA .- As persoas interesadas en emitir o seu voto para o concurso “Maiores con Iniciativa” podrn facelo na web mayoresconiniciativa.es, hasta o 15 de xaneiro, tras rexistrarse como “persoa usuaria”.
NOTA DE PRENSA
O mes pasado (decembro 2009) abriuse a II edición do concurso “Mayores con Iniciativa” no que estamos a participar tódolos Concellos que levamos a cabo a iniciativa Memoria de Muller (coa nosa páxina web http://memoriademuller.eu) e individualmente cada Concello cos seus audiovisuais de Memoria de Muller e Memoria dos Oficios e outras iniciativas feitas con maiores. Este proxecto esta promovido por Fundetec, no marco do subprograma Avanza Cidadanía Xeral e no que a Xunta de Galicia é unha das entidades colaboradoras.
Ata o 21 de decembro puidemos rexistrar as nosas iniciativas e ata o día 31 de decembro era o prazo para meter na web www.mayoresconiniciativa.es o informe final no que nos, os dinamizadores/as como axentes sociais, detallabamos en que consistiu a iniciativa. En Ribadeo, participamos con Memoria de Muller e Memoria dos Oficios.
O luns 04/01/10, iniciouse o período de votacións para o concurso de “Mayores con Iniciativa”. O período para votar remata o 15 de xaneiro.
Para votar unha iniciativa en particular é preciso rexistrarse na web http://www.mayoresconiniciativa.es, nos, como dinamizadores, nos rexistramos como “axente social” e a xente que queira votar deberá rexistrarse como “persoa usuaria”. o resultado desta votación popular será tido en conta polo xurado do Concurso, de tal xeito que éste valorará, entre outras cousas, as iniciativas que durante o período de votación (do 4 ao 15 de xaneiro) resulten elexidas polo público. Para votar hai que rexistrarse e ir ao apartado de concurso-votación e seleccionar a Comunidade Autónoma da que se queren ver as iniciativas.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



