Burela 27-11-17. O Pescados Rubén Burela FS saíu vencedor no duelo directo na visita de Jimbee Roldán FSF a Vista Alegre (4-0) ofrecendo goles e boa imaxe. “É unha vitoria moi importante non só polo resultado senón tamén polo xogo. Xeramos moitísimas ocasións, houbo unha boa defensa, o equipo estivo moi serio e, sobre todo, as sensacións que nos quedan son moi gratas para o parón de liga. Vimos un Burela moi competitivo e sobre todo moi serio durante os corenta minutos, co valor engadido de deixar a portería a cero”, explicaba o técnico Julio Delgado.
“Fixemos unha gran defensa ante un rival con soltura e boas transicións; conseguimos telas bastante maniatadas, aínda que loxicamente tiveron as súas ocasións” recordaba o técnico dun encontro no que xa avantaxaban ás murcianas no descanso por 3-0 e no que non baixaron os brazos ata a bucina final: “O noso equipo foi ambicioso, ata na segunda parte seguiu atacando e soubo gardar o resultado moi ben” puntualizaba Julio Delgado, dando un paso adiante dende o revulsivo do derbi galego: “A seriedade que xa se demostrou en Poio á hora de defender, fíxolle reaccionar ao grupo; víronse capaces de competir e superar adversidades, sacar os partidos adiante sen recorrer á porteira xogadora, como ocorreu nas primeiras xornadas”.
Estes tres puntos asentan as laranxas na segunda praza (28 puntos) seguindo ao Atlético de Madrid Navalcarnero (30), con dúas semanas de descanso en Primeira RFEF, polo Torneo Internacional IV Nacións que enfrontará a España, Italia, Rusia e Portugal en Guadalaxara entre o 8 e o 10 de decembro. “Axudaranos a recuperar a xogadoras que levan moitos minutos acumulados, traballar novidades en táctica e estratexia para o próximo ano e introduciremos algo máis de traballo físico para acabar ben o ano, coas dúas saídas, a Leganés e Ourense” explicaba Julio Delgado esperando dar continuidade á boa dinámica burelista no regreso da competición.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
