Lugo, 28 de novembro de 2017. A Rede Museística Provincial atópase entre os 33 finalistas para optar á oitava edición do Premio Iberoamericano de Educación e Museos, grazas ao proxecto Nós+outrxs en rede promovido polo Goberno da Deputación. O xurado fallará o gañador desta nova edición do certame mañá, xoves. Nós+outrxs en rede é un proxecto de colaboración entre o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza e a Rede Museística de Lugo no que participan artistas que propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Ademais, cada artista realizou un obradoiro co que establecer un diálogo con diferentes colectivos sensibles.
Esta mostra está unida por palabras claves como xénero, memoria, diversidade, voz, recoñecer, liberdade, comunidade, elixir, aprender, obradoiros, cuestionar, e PERSOAS. A exposición é itinerante e xa estivo en varios Concellos da provincia como Sarria, Foz, Chantada, Lourenzá; así como os 4 museos que integran a Rede Museística Provincial.
Premio Iberoamericano de Educación e Museos 2017
Promovido anualmente por Ibermuseos desde 2010, o Premio Iberoamericano de Educación e Museos ten como obxectivo identificar, destacar e fomentar a capacidade educativa dos museos, tendo en conta a pluralidade das prácticas museolóxicas iberoamericanas. Desde a súa primeira edición, o premio contribuíu a fortalecer e promover o labor educativo das institucións museísticas na rexión. Ao longo de 7 edicións, foron recoñecidos a 53 proxectos de 12 países, os cales se caracterizan por estar comprometidos socialmente con comunidades, por promover a diversidade e o encontro intercultural, así como co desenvolvemento sustentable. Ademais destes, outros 92 proxectos recibiron mención de honra.
Máis recoñecementos
A Rede Museística Provincial vén de recibir un novo recoñecemento, ao ser seleccionado o proxecto Guerrilla de Palabras: el oficio del/a palabrero/a como unha das dúas iniciativas internacionais que serán respaldadas por Ibermuseos dentro da IV Convocatoria Conversaciones, un programa de apoio ao desenvolvemento de proxectos expositivos e á circulación de bens culturais entre un ou máis países da rexión iberoamericana, co propósito de promover a realización de accións de apropiación social da memoria e o patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
Guerrilla de Palabras: el oficio del/a palabrero/a é un proxecto do Instituto Universitario de Investigación de la Paz e a Universidade de Granada en conxunto co Museo La Tertulia de Cali (Colombia), que parte do Programa Culturas en Diálogo da Rede Museística de Lugo, no que participan, dende o ano 2000, diferentes museos españois, americanos e europeos.
O obxectivo deste proxecto é establecer canais de diálogo que poñan en valor a posición da muller na resolución dos conflitos armados, preservando o patrimonio inmaterial (as voces femininas que traballan pola paz, mediando conflitos), e constituíndo coas comunidades e colectivos un relato en feminino do proceso de paz colombiano e de reinserción da muller condenada. O proxecto será realizado a través dun conxunto de accións, como unha intervención artística en Cali e en Lugo; un proxecto de intervención socio-educativa, ademais dunha serie de obradoiros.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



