Viveiro 1-12-17. Boa tarde/noite a todas e todos os que vos achegastes ate aquí. Realmente estamos emocionadas e emocionados ao ver a cantidade de xente que viñestes a este acto reivindicativo en defensa da sanidade pública.sabemos que en moitos casos non é doado polas obrigas laborais , familiares, e de calquera outro tipo.
Tamén o noso agradecemento a aquelas e aqueles que agora mesmo estan traballando e que lles gostaria estar aquí. Que saibades que estades aquí e agora connosco.
Sabemos tamén que algún e algunha tivo que sair do traballo antes,e algúns comercios pecharon antes da hora habitual para poder vir.O noso agradecemento.
Tamén dar as grazas aos colectivos que apoian esta reclamación tanto dende o mundo do deporte, do mundo da música, dende o comercio…
Somos veciños e veciñas con moita preocupación pola situación actual e futura da nosa sanidade dende que o pasado 2 de agosto, foi publicado no Portal de TRANSPARENCIA DA XUNTA DE GALICIA, o Anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Saúde de Galicia na que suprimen as actuais Áreas Sanitarias de O Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. Publicación feita con premeditación, aleivosía e escurantismo, en pleno mes de Agosto, con moitos profesionais e veciñanza de vacacións e sen diálogo previo.
A pesar de este escurantismo hai que resaltar a importante participación cidadá e do movemento social no rexeitamento do Anteproxecto, posto que nunca antes se acadaran un número tan elevado de queixas no Portal de Transparencia da Xunta.
O obxectivo de quen está a gobernar a nosa sanidade con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da Sanidade Pública, consolidando a liña de recortes, que tanto dano fixeron e están facendo o noso Sistema de Saúde, provocando un perda no numero de camas e servizos nos hospitais comarcais e afastando de este xeito a resolución dos problemas da cidadanía.
Baleira de contido os hospitais comarcais coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios nos grandes hospitais. Esta medida supón unha gran barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria , especialmente a poboación rural e máis avellentada.
A modificación da Lei introduce un perigoso cambio na maneira de xestionar e planificar os servizos sanitarios, un perverso cambio de modelo no que pasamos de basearnos “nas necesidades sanitarias e asistenciais da poboación” (Lei vixente) a ter só en conta os “recursos sanitarios existentes” (Lei modificada). Cambio moi substancial, que permite concentrar os recursos onde máis conveña ou estean xa instalados e que sexa a poboación a que teña que acudir a eles… SE PODE.
Consolida, ademais, o abandono e relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesíbel para os cidadáns e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu presuposto propio e os seus orzamentos, afondando nun deterioro da calidade asistencial xa imparable.
Señor Feijóo, Señor Balseiro, Señor Vega: A SANIDADE NON SE VENDE!!… DEFÉNDESE!!
Dende que pasamos a depender de Lugo no 2013 esta Área sufriu unha parálise no seu crecemento con unha perda total da súa autonomía, identidade e desenvolvemento. Xa naquel momento manifestamos a nosa preocupación pola situación de esta Área Sanitaria e polas condicións nas que nos atoparíamos unha vez que se materialiase esta integración. Temiamos que isto suporía unha absorción por parte do HULA ao trasladarse a ese centro todos os órganos de decisión, planificación e xestión. Non nos equivocábamos.
– Sabedes que o noso centro de saúde están totalmente abandoado, con falta de persoal médico, de enfermería, administrativo, material e longas listas de espera?
– Sabedes que cando falta un pediatra no noso centro de saúde non se cubre a súa ausencia, quedando un só profesional para atender ás nenas e nenos de Viveiro, Ourol e O Vicedo? Por iso, NON QUEREMOS NIN UN SÓ DÍA SEN CONSULTA DE PEDIATRÍA.
– Sabedes que cando falta un médico de familia ou unha enfermeira no noso centro tampouco se cubre a súa ausencia o que da lugar a unha peor calidade asistencial e longas listas de espera para ir a consulta, a por recetas, ou a facer unha analítica? Por iso, QUEREMOS QUE SE CUBRAN TODAS AS AUSENCIAS DOS NOSOS PROFESIONAIS.
– Sabedes que agora desaparecemos como Área Sanitaria e pasamos a ser pacientes de Lugo?, que ata o de agora nos invitaban a ir a Polusa e a Virxen dos Ollos Grandes pero cando desapareza a Área pasarán a obrigarnos?
– Sabedes que nos están a retirar servizos sanitarios?
– Sabedes que queren centralizar as intervencións cirúrxicas en Lugo e que moitos especialistas din que se os obrigan a ir a operar a Lugo pedirán traslado e marcharán da Mariña e que ninguén quererá vir a traballar aquí nesas condicións?
– Sabedes que agora para implantar un marcapasos nos derivan a Lugo?, que pra cambiarlle as pilas temos que ir a Lugo?
– Sabedes que agora para operar ao teu neno dunha fimose nos derivan a Coruña?
– Sabedes que agora para operar unhas cataratas nos derivan a Lugo a centros privados?
_Que para operarnos dun xeonllo nos derivan a Lugo a centros privados?
– Sabedes que unha soa enfermeira queda toda a noite ao cuidado de máis de 30 pacientes na pranta de cirurxía?
_Sabedes que so hai 3 celadores polas noites para atender urxencias, quirófanos, UCI, partos, cambios de postura de pacientes encamados etc, e que esta falla de celadores paraliza a actividade de persoal sanitario que teñen que esperar por un celador que non hai.
– Sabedes que o servizo de oncoloxía non ten consulta de enfermeira para prestar educación sanitaria a pacientes e familiares como no resto de hospitais? Sabedes que o hospital de día de oncoloxía está en precario, sen oncólogos propios que se ven obrigados a vir á Mariña dende Lugo despois de facer unha garda e sen durmir? Sabedes que no hospital non temos presenza de oncólogos e cando ingresa un paciente queda ao cargo dun internista xa que os oncólogos non pertencen á Mariña?
-Sabedes que para facer unha proba de esforzo de cardioloxía temos que agardar máis de un ano?
– Sabedes que o servizo de Anatomía Patolóxica se atopa abandoado, sen persoal suficiente retrasando o diagnostico do cancro e de enfemidades moi graves?
– Sabedes que a ampliación do Hospital amplía espazos pero non servizos? Non teremos máis quirófanos, non teremos máis plantas de hospitalización, non amplían a UCI, non teremos novas especialidades. O que realmente se amplía é a área de consultas.
– Sabedes que levamos anos demandando a necesidade dunha resonancia magnética e de aparellos para realizar a densitometría ósea, electromiográmas, placas dentais e sempre nos dicían que non había espazo para ubicalos e agora que están a crear espazo sabedes que non queren traelos? Sabedes que non os queren traer xa que teñen un negocio montado coas privadas de Lugo?
– Sabedes que o persoal do servizo de diálise elaborou un proxecto para implantar na comarca hemodiálises a domicilio? Sabedes que para iso precisaban atopar pacientes dispostos a inicialo? Sabedes que logo de atopalos e presentar o proxecto, Lugo apoderouse da iniciativa e os pacientes da Mariña tiveron que pasar 1 mes en Lugo recibindo educación sanitaria?. Resumindo, roubáronnos o servizo e o implantaron en Lugo.
– Sabedes que non se cubren as ausencias dos nosos profesionais e non mandan a ninguén de Lugo para aquí?
– Sabedes que as nosas historias clínicas con nosos datos confidenciais de saúde en formato papel están agora en mans privadas en Lugo a máis de 100 kilometros?
As veciñas e veciños de Viveiro…
EXISIMOS a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde
EXIXIMOS A NON SUPRESIÓN das Áreas Sanitarias
EXIXIMOS A DESVINCULACIÓN da xestión integrada con Lugo e que A MARIÑA SEXA UNHA ÁREA SANITARIA INTEGRADA PROPIA como a comarca de Ferrol.
EXIXIMOS A MELLORA NA ATENCION PRIMARIA e a dotación de recursos económicos e humanos necesarios para acadar a mellor calidade asistencial.
PORQUE GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE NON SE VENDE: DEFENDESE!!
E témola que defender as persoas que cremos nela, que apostamos por unha sanidade pública e de calidade.
Empregando a linguaxe sanitaria, poderiamos afirmar que a sanidade na Área da Mariña esta na UCI e cun prognostico reservado, e de levarse a cabo a supresión da Área Sanitaria, a gravidade desta paciente que é a Sanidade Pública da Mariña
empeorará drasticamente, mentres non se cambien as políticas que esta a aplicar quen goberna a nosa sanidade, e que afogan á cidadanía.
Non consintamos que continúen co desmantelamento da Área da Mariña!!
LOITEMOS POLA SANIDADE PUBLICA !!




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



