XOVE .-Desenvolveuse a tirada de bolos na localidade de Lago, co campo un pouco húmido, pero en perfectas condicións, nunha tarde moi fría, que sen dúbida afectou ao xogo.
Liga Senior.- Cambio outra vez na cabeza da clasificación; a victoria de Ginés permítelle recuperar o liderato, encabezando con 81 puntos, seguido de José Rafael con 77, e xa moi alonxado César Cancelos con 57. Polo tanto, a tenor da clasificación, e tal como están as cousas, se non hai un cambio radical, Ginés e José Rafael vanse pelexar polos dous primeiros postos da clasificación final, e o terceiro César Cancelos pelexará polo terceiro escalón do podio cos seus inmediatos perseguidores, Moisés Rodríguez con 53, José Manuel Cociña con 45, José Antonio Rodríguez con 34, etc. Pero ben, inda poden variar moitas cousas, dado que se trata da primeira tirada da segunda volta, e quedan 8 xornadas por disputar.
Liga Sub 18.- O líder Jose Vigo demostra semana a semana que o seu non é casualidade, cunha firmeza e regularidade encomiable. O seu segundo posto permítelle manterse comodamente no liderato e seguir ampliando a vantaxe con respecto aos seu máis inmediatos perseguidores. Tal como está xogando, é o clarísimo candidato ao trunfo final, dado que o actual campión Andrés Rodríguez está a sufrir unha crise de xogo e está moi lonxe do nivel mostrado nas dúas últimas temporadas. Polo tanto, o resto dos xogadores (Cristian Rodríguez, Óscar Pérez, Alex Meitín e Andrés Rodríguez), que van nun auténtico pano na clasificación, terán que pelexarse de aquí ao final pola 2ª e 3ª posición finais, dado que o primeiro posto cada vez lles queda máis lonxe.
Liga Feminina.- Carmen Roca suma unha nova victoria, a 6ª nesta temporada, o que lle permite liderar con 45 puntos, seguida de Dolores Baño con 38; ámbalas dúas están liderando comodamente o campionato, e o seu nivel está claramente por riba das súas compañeiras, poloa que nesta segunda volta, se non hai ningún cambio extraordinario, Carmen e Dolores vanse disputar o trunfo final.
A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O SÁBADO, 16 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (9 XANEIRO 2010) ==== 35 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 174 | 12 |
| SEGUNDO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 159 | 10 |
| TERCEIRO | MARCELINO RORÁIGUEZ ÁLVAREZ | 130 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 128 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 116 | 6 |
| SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 115 | 5 |
| SÉTIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 115 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 113 | 3 |
| NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 110 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 103 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 62 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 133 | 6 |
| SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 132 | 4 |
| TERCEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | 108 | 3 |
| CUARTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 103 | 2 |
| QUINTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 59 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 55 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 60 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 39 | 3 |
| CUARTO | DOLORES PÉREZ MIGA | 39 | 2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 31 | 1 |




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



