LUGO .- 546 explotacións gandeiras da provincia de Lugo recibiron 710.000 euros de subvención da Consellería de Medio Rural para o fomento de sistemas de produción baseados en razas autóctonas.
Nota de Prensa
PRETO DE 550 EXPLOTACIÓNS LUCENSES RECIBEN SUBVENCIÓN DE MEDIO RURAL PARA FOMENTAR SISTEMAS DE PRODUCIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS
* As axudas, que suman un investimento de 710.000 euros, pretenden estender un modelo de xestión sostible, tendente á conservación e mellora do entorno natural
Lugo, 11 de xaneiro de 2010.- Un total de 546 explotacións gandeiras da provincia de Lugo recibiron subvención da Consellería de Medio Rural para o fomento de sistemas de produción baseados en razas autóctonas.
As axudas, publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia, suman un investimento de 710.000 euros, e teñen como obxectivo contribuír á implantación no campo galego dun modelo de xestión sostible, que teña en conta as funcións produtivas, ambientais e sociais da gandería e o benestar dos animais.
No 90,3% dos casos, as explotacións subvencionadas crían gando vacún da raza rubia galega, mentres que no outro 9,7% teñen cabida outras razas de vacún, como a caldelá, cachena, vianesa, limiá, frieiresa, e a coñecida como asturiana de los valles, e tamén explotacións de ovella galega e porco celta.
A Consellería de Medio Rural entende que as razas autóctonas aportan riqueza tanto dende o punto de vista económico como social e ambiental, incrementando a calidade, competitividade e o valor engadido dos produtos galegos.
Para poder optar ás axudas, as explotacións subvencionadas presentaron un programa de xestión garantindo o cumprimento de determinados requisitos ambientais, así como de alimentación, hixiene e benestar dos animais.
Así, deberán aplicar un programa hixiénico-sanitario supervisado polo veterinario responsable, contar un programa de alimentación baseado en recursos naturais, e tender á conservación do medio natural, con especial atención á xestión de residuos e de subprodutos, ao consumo de auga e ao uso eficiente da enerxía.
Entre os criterios de adxudicación establecidos, a Consellería de Medio Rural outorgou especial relevancia a aspectos tales como o aproveitamento e roza de monte e pasteiros ou a incorporación de agricultores novos ao medio rural.





















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



