Cervo 1-1-18. Houbo 95 inscricións, pero polas inclemencias meteorolóxicas, finalmente participaron 60 corredores.
O percorrido foi de 5 quilómetros; e a saída tivo lugar dende a Praza dos Campos.
A clasificación é a seguinte:
– Mellor cervense masculino: Abraham Moreno
– Mellor cervense feminino: Ana María Brión
– Absoluta masculina: 1. Cristian Exposito, 2. Abraham Moreno, 3. Diego Blanco
– Absoluta feminina: 1. Daniela Ritcher, 2. Iria Fernández, 3. Caty García.
O Concello de Cervo entregoulle a todos os participantes unha bolsa de corredor con auga, froita, unha barrita e unha medalla. E houbo trofeos para os anteriormente citados.