Burela 2-11-8. O equipo de Juanma Marrube regresará mañá ao traballo, ás 20.00 horas, no complexo deportivo da Marosa. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, reuniuse co corpo técnico-médico para falar dalgúns detalles de cara ao comezo da segunda volta tras as vacacións de Nadal
Xunto a Juanma Marrube traballa o preparador físico Alfonso Mera e o fisioterapeuta Arturo Martín, co apoio da clínica L2 Fisioterapia, dirixida por Juan Eiroa e Matilde González. Completan o corpo médico, o doutor Francisco Javier Fernández Couce, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina Pérez Rodil, dende a súa clínica Come&Sana. Os directivos Antonio Ródenas e Luis A. Guillén cumpren coas tarefas de delegado e auxiliar, coa axuda de Cándido Eijo. Os técnicos de base Míchel Couceiro e Simón Martínez encárganse da preparación específica de portería.
O conxunto de Julio Delgado e Lucas tamén retomará mañá os adestramentos, ás 17.30 horas, en Vista Alegre.
Sábado 13, Churrascada e Tarde Laranxa
As ligas de elite estrearán 2018 con Tarde Laranxa en Vista Alegre, o sábado 13, coa visita de Gualdacacín, na xornada 14 de Primeira RFEF, ás 16.30 horas e do Valdepeñas, na 16 de Segunda LNFS, ás 19.00 horas. Para dar a benvida ao novo ano, o Pescados Rubén Burela FS preparará unha churrascada previa para a afección no pavillón Monte Castelo, con festa dende as 14.00 horas.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
