Ribadeo, 4 de xaneiro de 2017. O xulgado de primeira instancia e instrución nº 2 de Mondoñedo declara nulo o expediente disciplinario aberto pola xunta directiva do Real Club Náutico de Ribadeo en xaneiro de 2014 contra Mario Coto, o que fora presidente da entidade entre os anos 2009 ao 2012.
Despois de telo acusado de cometer supostas irregularidades co alquiler do bar-cafetería e coa sinatura e pago de diversas facturas a xunta directiva do RCNR do 31 de xaneiro de 2014 acordaba a apertura de expediente disciplinario e impoñerlle a Coto Otero tres anos de suspensión da condición de socio, a inhabilitación permanente para ocupar cargos en todos os órganos do club de forma definitiva e a reparación dos danos e prexuízos causados mediante o pago de 6.457 euros. Tras varios recursos entre as partes e a celebración da vista oral o pasado mes de novembro o xulgado acordou “estimar totalmente la demanda interpuesta por Mario Coto Otero contra el Real Club Náutico de Ribadeo y declaro vulnerado el derecho fundamental de asociación del actor y la nulidad de la resolución dictada por la junta directiva del RCNR el 31 de enero de 2014. Todo ello con imposición de costas a la parte demandada”.
O ex presidente do RCNR amósase satisfeito con este fallo: “a que podo facer é unha valoración para min moi satisfactoria porque hai que pensar que levo cinco anos escoitando mentiras e difamacións en prensa e noutros medios, así como en conversas de bar, acusándome de algo que afortunadamente se demostra en sede xudicial que non fixen tales cousas nin tales aberracións, das cales abríronme un expediente no club para expulsarme como socio tres anos e de por vida para non poder ostentar ningún cargo do Club Náutico, e unha sanción económica de preto de 7.000 euros”.
Para Mario Coto: “grazas a deus despois de cinco anos de todas estas difamacións e mentiras por parte do presidente do Club Náutico e da súa comparsa, como el chama aos seus directivos que non o inventei eu, agora estase demostrando que era todo mentira”.
Coto Otero di atoparse “pletórico e satisfeito”. E lembrou que “isto non ven só, porque hai que ler páxinas atrás do ano pasado. O xuízo, o da demanda do ex secretario do club, Fernando Vázquez Orge, que tamén foi nulo, recorrérono ata a saciedade estes señores. Primeiro á Audiencia e perderon, e despois foron a unha casación ao Supremo e á vista do cal dixo o mesmo que o Xulgado número 3 de Lugo, e meteulles as costas. Agora tamén lle cargan ao Club Náutico as costas do meu procedemento, e falta, que non sei se o van facer estes señores ou non, recorrer á Audiencia e despois ao Supremo. Despois falta a demanda e o xuízo do ex tesoureiro Virgilio López Rico, a quen tiveron expulsado do club igual que a todos nosoutros”.
Prexuízo económico para o Club
Para Mario Coto “isto a gravidade que ten, despois das mentiras e difamacións que Acuña e a súa xente dixeron sobre nós e das que nos acusaron aos tres, é enorme porque hai un prexuízo económico de miles de euros en todo este proceso que están pagando os socios. Eu espero polo ben da sociedade, eu creo que cos cartos que se están gastando nestes procesos que se están demostrando que son mentiras, poderíanse facer moitas cousas no Club Náutico de Ribadeo. Estamos falando de cantidades que ao mellor van superar os 100.000 euros, e nos tempos en que estamos esa cifra é moito diñeiro”.
O que fora presidente do Real Club Náutico de Ribadeo anuncia o inicio de novas demandas contra a actual directiva: “eu non me vou privar de dicir que unha vez terminado todo este procedemento de demandas que nosoutros tivemos que interpoñer contra o Club Náutico para defendernos das mentiras de Acuña e compañía, aínda interpoñeremos outras pola indefensión da que fomos vítimas e por atentar contra o noso honor. Queremos recuperar o honor e a reputación e que se vexan compensadas, aínda que nada máis sexa moralmente, as nosas familias porque sufriron con nosoutros todos eses avatares de insultos. Porque as nosas familias cren en nosoutros e creo que nos queren, a outros e ás súas familias daralles igual, pero ás nosas non”.
Mario Coto insiste en solicitar por estes feitos a dimisión da actual directiva do Real Club Náutico de Ribadeo: “quérolle dicir á Acuña e á súa directiva que deben presentar a dimisión irrevocable automaticamente e pedir perdón a todos os socios do Club Náutico. E os socios do Club Náutico que estean atentos a isto para que se estes señores non fan o que acabo de propoñer, que eles mesmos saiban ben en qué se están a gastar os seus cartos e eles saberán cando os teñen que botar”.
Coto Otero rematou a súa intervención sinalando: “felicítolles a todos o ano novo, que para nosoutros é moi bo, para min particularmente, e esperemos que isto acabe da mellor maneira posible. Xa o dixen máis veces, estou desexando que acaba dunha vez”.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



