Lugo, 9 de xaneiro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 82.350 euros a facilitar a contratación de dez axentes de emprego que prestarán servizo noutros tantos concellos da Mariña.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que no conxunto da provincia invístense 400.000 euros nesta medida, que permite en total a contratación de 48 Axentes de Desenvolvemento Local, 44 deles noutros tantos concellos e catro máis na Deputación Provincial.
Os concellos da Mariña beneficiarios son os de Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, O Vicedo e Xove.
Estes técnicos teñen a formación e experiencia adecuada para servir de apoio ás iniciativas de creación de emprego e constitución de pequenas e medianas empresas que poidan xurdir no seu radio de actuación.
Así, os Axentes de Desenvolvemento Local son os encargados do acompañamento técnico no inicio de proxectos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e o apoio aos promotores das empresas, ademais de ofrecer asesoramento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento e asistencia na creación de oportunidades de formación para contribuír á boa marcha das compañías creadas.
O desempeño destas tarefas contribúe á constitución dun contorno local propicio á creación de emprego e a potenciar a xeración de iniciativas empresariais e novas actividades xeradoras de emprego, que repercuten na creación de novos postos de traballo e de alternativas de ocupación laboral.
Cabe lembrar que recentemente a Consellería tamén promoveu a contratación de orientadores laborais noutros once concellos lucenses e máis na Deputación Provincial. Neste caso, o seu labor é actuar como titores personalizados das persoas desempregadas. Entre outras funcións, realizan entrevistas persoais, elaboran perfís individualizados coa identificación de oportunidades profesionais e realizan un seguimento de cada caso.
Balseiro subliñou que con estas actuacións, e coa acción das oficinas de emprego da Xunta en cada comarca, “o Goberno galego pretende estender as políticas activas de emprego e achegar os recursos de apoio e asesoramento a todos os emprendedores e traballadores desempregados da provincia”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



