Burela, 11 de xaneiro de 2018. O vindeiro luns, 15 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición nas segundas xornadas de defensa persoal e de protección contra a violencia de xénero, que organiza a Concellería de Igualdade en colaboración con Miguel Ángel Rojo Darriba, que será o encargado de impartir este taller.
Estas xornadas levaranse a cabo tódolos mércores do vindeiro mes de febreiro. Serán os días 7, 14, 21 e 28 en horario de 20:30 a 21:30 horas, no local sito na Rúa Rosalía de Castro nº44, baixo, galería porta 2, en Burela.
Patricia Otero subliña que “nestas xornadas poderán participar as mulleres empadroadas en Burela, que previamente se anoten no Centro de Información ás Mulleres, sito na Casa do Concello, a partir do vindeiro luns, 15 de xaneiro, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres”.
A actividade é totalmente gratuíta para as mulleres de Burela, sendo sufragada integramente pola Concellería de Igualdade. A súa responsable explica que “o proxecto enmárcase no eido da Seguridade, a Igualdade e os Servizos Sociais, concretamente na protección contra a violencia de xénero e a defensa persoal feminina, empregando distintos métodos e técnicas de fácil execución. A principal finalidade é a de ofrecer os medios necesarios para aplicar coñecementos de defensa persoal e obter un resultado satisfactorio para a persoa que o aplica, neste caso público feminino”.
A concelleira de Igualdade engade: “aportaranse para a consecución desta finalidade unha serie de ferramentas ás participantes para que poidan facer fronte ás posibles agresións que lles poidan xurdir en calquera momento e situacións. Non obstante, tamén se pretende practicar a modalidade de forma non violenta e que a práctica se converta nunha forma agradable de pasar un bo tempo de práctica e aprendizaxe”.
Deste xeito as prácticas consistirán dunha serie de ponencias formativas en distintos sensos: “achegar a realidade da defensa persoal e a súa evolución ao longo do tempo; dotar ás participantes da información necesaria para aprender ou corrixir erros a hora de solventar unha agresión; mellorar as aptitudes e capacidades para reaccionar ante situacións anómalas e violentas, para elo traballaranse nos adestramentos as distintas técnicas de sinxela aplicación; ofrecer apoio e recomendacións para que as practicantes se sintan cómodas e con confianza; informar e practicar co uso de distintos dispositivos de uso cotiá, como pode ser un bolígrafo, un Smartphone, chisqueiro, etc, para potenciar o efecto dunha defensa aplicada sobre o agresor; e dotar de técnicas de control e redución para que as practicantes se enfronten a asaltantes que as superen en tamaño dunha forma sinxela e sen complicacións”.
Patricia Otero manifesta que “a defensa persoal está enfocada a mulleres de todas as idades e complexións, de feito a condición e a forza física non ten por qué ser a máis próxima á dunha persoa deportista e cunha boa forma física. Do mesmo xeito, hai que ter claro e ter en conta as recomendacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e que sexa o enfrontamento ante unha agresión o último dos recursos que teñamos que utilizar. Sempre será mellor fuxir ante unha situación violenta que tratar de comprobar se realmente somos capaces de reducir ou non o noso agresor”.
A edil burelés indica que “para impartir este taller contaremos co Mestre de Artes Marciais Miguel Ángel Rojo, que conta cun amplo currículo no eido da defensa persoal e con méritos e cargos como Director Autonómico de Nihon Taijitsu (Defensa Persoal) da Federación Galega de Karate e Da, Profesor da Federación Galega de Kárate, nos cursos para a obtención do diploma de especialista en Defensa Persoal, Cinturón Negro 4º Dan Nihon Taijitsu FMNT, Cinturán 4ºDan Nihon Ju Jutsu FMNT…”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



