Viveiro, 11 de xaneiro de 2018. Luís Manuel García Otero, concelleiro de SON VIVEIRO na Corporación Municipal, formula para a súa aprobación a seguinte PROPOSTA DE MOCIÓN DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA PARA A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE MODIFICACIÓN DA LEI GALEGA DE SAÚDE DO ANO 2008.
O pasado mes de agosto, o Goberno da Xunta de Galicia iniciou un proceso de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008. A publicación do anteproxecto aberto a consultas públicas xa provocou as alarmas entre o sector sanitario, ao considerar que, entre outras cuestións, vai supor un novo recorte e unha maior precarización do sistema público de saúde.
En primeiro lugar, esta proposta de reforma limita, facendo inviable, a participación social. Concretamente, modifica a configuración dos órganos de participación social, que, na súa configuración actual, terían permitido realizar funcións esenciais de información previa á aprobación e posterior control das decisións de política sanitaria. Coa modificación do artigo 23 limitan o acceso á información e á documentación existente, co que se condiciona calquera capacidade de control.
A non posta en marcha dos órganos de participación cidadá da Lei de Saúde do 2008, tanto do Consello de Saúde de Galicia como dos Consellos de Saúde de Área, confirma o anterior, xa que o novo artigo 24 introduce modificacións, tanto na súa composición como nas súas funcións, que fan inviable calquera control previo á aprobación ou posterior á execución do Plan de Saúde, contratos de servizos sanitarios, concertos, programas de subvencións, Memoria anual, proxectos de Orzamentos, prestacións e carteira de servizos.
Asemade, os novos artigos 25 e 26, que modifican o Consello de Saúde de Área e crean o Consello asesor de pacientes, deixan pendente de regular a súa composición e funcionamento en normas posteriores.
En segundo lugar, reduce as áreas sanitarias e consolida a exclusión da Atención Primaria. A modificación da lei adapta as Áreas Sanitarias ás actuais Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIS), que creou o goberno do PP, ao tempo que anulaba as Xerencias de Atención Primaria (AP). Deste xeito, preténdese eliminar as áreas sanitarias de A Mariña, Monforte, O Barco e o Salnés, deixando como únicas áreas sanitarias as 7 demarcacións coincidentes coas EOXIS (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo).
Paralelamente, coa modificación do artigo 69 crease un novo ámbito territorial, os distritos sanitarios, cada un deles cun Hospital de referencia; os sete comarcais, os 4 das áreas suprimidas (A Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés), e os 3 que non sendo área anteriormente contan cun hospital comarcal de referencia (Cee, Barbanza e Verín); e os 7 coincidentes coas cabeceiras das EOXIS (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo).
O artigo 69 di que: “Os distritos sanitarios son divisións territoriais das áreas sanitarias e constitúen o marco de referencia de coordinación dos dispositivos de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria”.
Porén, esta reforma nada apunta en relación á recuperación das estruturas directivas de Atención Primaria, unha demanda unánime do persoal traballador de Atención Primaria. Tampouco se di nada da estrutura dos órganos directivos das Áreas nin dos distritos.
Esta situación obriga a atender unha media de entre 40 e 50 pacientes ao día, o que repercute na calidade da atención e na capacidade resolutiva, e obriga a enviar de xeito innecesario a moitos/as pacientes ao hospital, colapsando as urxencias e incrementando as listas de espera. En algúns Centros de Saúde, a espera para acudir a consulta chega a superar a semana, algo inadmisible no primeiro nivel asistencial.
En terceiro lugar, consolida o modelo privatizador de coñecemento, posto en marcha coa creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde. Así, o capítulo da nova Lei de saúde dedicado á investigación muda dun xeito significativo de nome: do inicial “Da investigación biomédica no Sistema Público de Saúde de Galicia” ao modificado “Da investigación e a innovación no Sistema Público de Saúde de Galicia”. Asemade, omítense as referencias ás prioridades marcadas polo “Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica”, e introduce unha referencia as prioridades marcadas polos plans de investigación vixentes en cada momento -sen aclarar que plans e que papel xoga neles a sanidade pública e a industria privada-, pretendendo así lexitimar o modelo privatizador do coñecemento, posto
en marcha coa creación da Axencia galega para a xestión do coñecemento en saúde.
Por todo o exposto, o Concello de Viveiro, a proposta da Plataforma SOS Sanidade Pública, ACORDA:
– INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A QUE RETIRE O ANTEPROXECTO DE REFORMA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, QUE PERPETÚA AS ESTRUTURAS DE XESTIÓN INTEGRADA.
– RESTITÚA AS XERENCIAS DE ATENCIÓN PRIMARIA E QUE AS DOTE DE MEDIOS E RECURSOS PARA REFORZAR A SÚA CAPACIDADE DE RESOLUCIÓN.
– QUE CO CONSENSO DE TODAS AS FORZAS POLÍTICAS, SINDICAIS E SOCIAIS, DESENVOLVA A LEI GALEGA DE SAÚDE DO ANO 2008.”


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



